eJournals Vox Romanica 64/1

Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2005
641 Kristol De Stefani

Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego

121
2005
Xosé  Soto Andión
vox6410171
Vox Romanica 64 (2005): 171-202 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego El presente artículo estudia algunas estructuras intransitivas prototípicas de actitud y conducta en el gallego actual, tomando como base diferentes muestras procedentes del habla (grabaciones y transcripciones) y de la lengua escrita (literatura, prensa y revistas, diccionarios). Comenzamos definiendo y caracterizando la noción de intransitividad, a qué construcciones la aplicamos y en qué medida distinguimos verbos de construcciones. Después abordamos brevemente los conceptos de actitud y conducta. A continuación esquematizamos en un cuadro el análisis que realizamos de las construcciones intransitivas de nuestro corpus que designan actitud y conducta. Este análisis de corte funcional entrelaza la semántica, la sintaxis y el léxico. Aunque la exposición tiene como punto de partida el verbo que funciona como predicado, el centro del análisis es la construcción, pues es a partir de ahí cómo muchos de estos verbos adquieren valores de actitud y conducta.Al final extraemos unas conclusiones que, junto a los datos expuestos a lo largo del trabajo, abrirán la posibilidad a nuevas investigaciones de comparar y contrastar el proceder del gallego en este terreno con el de otros sistemas y lenguas romances. Si a esto añadimos el hecho de que el gallego resulta relativamente poco conocido en el ámbito de los estudios románicos y que la interrelación de semántica, sintaxis y léxico en la descripción de lenguas adquiere cada vez mayor relevancia, podemos justificar con absoluto convencimiento la elaboración de un trabajo como este. 1. Introdución Neste artigo imos estudar algunhas estruturas prototípicas de actitude e de conduta no galego actual tomando como base mostras tiradas da fala e da escrita 1 . Levamos varios anos investigando sobre construcións intransitivas a partir da lingua oral e da escrita 2 , e puidemos observar que os esquemas semánticos que refliten eventos actitudinais e de conduta son moi recorrentes; ademais non foron nunca abordados nesta variedade romance que é o galego nin teñen sido obxecto de excesiva atención noutras linguas próximas. Así e todo, aínda que a nosa investigación se centre no galego, pode aplicarse tamén, mutatis mutandis, a distintas linguas romances a modo de comparanza e contraste, pois cada vez son máis demandados, tanto polos estudantes coma polos especialistas, investigacións empíricas sobre linguas, alén de manuais, gramáticas, dicionarios e atlas lingüísticos de construcións verbais que mostren as converxencias e diverxencias entre os idio- 1 Este traballo forma parte da nosa tese de doutoramento, titulada Construcións intransitivas. Contribución a un dicionario analítico de construcións verbais en galego, que neste momento está a ser revisada para a súa lectura e defensa. 2 Dispoñemos dunha base de datos de máis de dez mil exemplos de cláusulas intransitivas; moitas delas son estruturas que refliten actitude e/ ou conduta. As mostras foron recollidas en obras literarias, xornais e dicionarios así coma en gravacións e textos transcritos. Os exemplos aquí presentados son unha parte dos que posuímos; a bibliografía final recolle aqueles que aparecen neste artigo. Os atributos manexados nesa base de datos poden verse resumidos en Soto andión 2002: 279-91. mas que conforman a Romania. Se a isto engadimos que o galego é relativamente pouco coñecido no ámbito dos estudos románicos 3 e que a interrelación de semántica, sintaxe e léxico na investigación de linguas vai adquirindo cada vez meirande pulo, podemos xustificar con absoluto convencimento a elaboración dun traballo coma este. 2. Construcións intransitivas: delimitación e caracterización Nos manuais de gramática tradicional coma o de Bello (1847), Saco e Arce (1967), Rae (1983), Cunha/ Cintra (1984), Badia i Margarit (1995), o criterio máis recorrente para delimitar estruturas intransitivas é o da ausencia de complemento directo na cláusula (oración ou proposición en sentido tradicional), un criterio que é só formal. Malia que esta aportación supón para nós unha das probas clave para delimitar a noción que nos ocupa, debemos precisar que para distinguir unha estrutura intransitiva doutra transitiva, máis ca notar a ausencia/ presenza de certa función sintáctica, temos que comprobar se se producen variacións nos esquemas sintácticos e semánticos, ademais de nos valores aspectuais, de ambos tipos de estruturas; e estas variacións prodúcense. Na tradición gramatical, a intransitividade está caracterizada como un fenómeno inherente a una determinada clase de verbos, sobre todo os denominados «intransitivos», «intransitivos por natureza» e «transitivos sen complemento directo». En relación co feito de considerar a intransitividade como propiedade dos verbos, debemos engadir que os verbos non son de seu intransitivos nin transitivos, sono as construcións; de aí que un verbo como resignarse o tratemos como predicado de construción intransitiva e non como verbo intransitivo. Por tanto, a intransitividade situámola non no nivel das clases de palabra senón no da construción (ou estruturas semántico-sintácticas). Na nosa opinión isto debería reflectilo tamén o lexicón ou dicionario nas súas entradas. Na gramática tradicional a intransitividade móstrase a miúdo como un concepto sintáctico fluctuante entre os chamados verbos intransitivos e os verbos transitivos sen complemento directo; por iso o fenómeno da intransitividade ten unha consideración restrinxida e encádrase xeralmente nun compartimento estanco, o dos «verbos intransitivos» ou «transitivos sen compl. directo» en oposición ao dos verbos transitivos, e diferenciada do ámbito das construcións pronominais, impersoais (neva, chove . . .), atributivas e pasivas, que tamén se chegan a intransitivizar (Givon 1990: 552s. analiza detidamente algúns procesos de intransitivización en relación coa voz. Tamén Dixon/ Aikhenvald 2000 teñen estudos sobre linguas que incrementan ou reducen o número de argumentos cando a cláusula se volve causativa, pasiva, reflexiva, impersoal, e por derivación cando se engaden prefixos ou 172 Xosé Soto Andión 3 Renzi 1982: 215 ou Posner 1998: 267, por exemplo, só lle dedican unhas poucas liñas. Renzi parece non diferencialo apenas do portugués. sufixos ao verbo, etc.) e daquela poden ser cualificadas de construcións intransitivas. Observamos que os conceptos de (in)transitividade se manexan asociados en moitas ocasións ao significado etimolóxico desta palabra (transitivo transire, idea de paso ou tránsito cara a outra entidade, o que dá a entender que no verbo se expresa unha acción que pasa máis alá del, cara a outro argumento; a intransitividade sería o contrario). Pero este criterio no se cumpre en moitas estruturas, xa que existen construcións que manifiestan paso ou tránsito e non por iso son cualificadas de transitivas, como sucede coas atributivas (de atributo e predicativo, vgr. María é/ parece lista), e existen construcións que podendo ser transitivas non manifiestan a idea de tránsito, como son as reflexivas, nas que a acción queda no suxeito (vgr. María lávase), e as de estado ou existencia nas que funciona un argumento distinto do suxeito, pero non hai unha acción que repercuta nun afectado. Alén disto, estas definicións de corte semántico polas que a transitividade é a propiedade semántica daqueles verbos que expresan unha acción que transita dun axente ata un paciente non xustifican por que se atopan construcións transitivas e intransitivas con verbos que non designan acción, nin construcións que requiren complementación sen implicaren a actuación dun axente sobre un paciente, nin por último construcións co papel de paciente ou afectado sobre as que non actúa un axente (vgr. enfermar, padecer). Outros autores, dende unha perspectiva máis ampla e abarcadora, na que nos incluímos, perspectiva que podemos entender como transversal, consideran construcións intransitivas as ceroargumentais (neva, trona . . .), as monoargumentais inergativas cuxo suxeito ten propiedades características de tal función (vgr. María sorrí), as monoargumentais inacusativas cuxo único argumento ten propiedades de compl. directo e suxeito (vgr. a roupa seca / o sol seca a roupa), as biargumentais de complemento indirecto, circunstancial, e complemento prepositivo, as construcións con verbos pronominais (agás as reflexivas e recíprocas), as atributivas (con atributo e predicativo do suxeito) e en xeral as de voz pasiva. Estas estruturas, fronte ás transitivas que presentan o esquema sintáctico prototípico suxeito-predicadocompl. directo e un esquema semántico axente-acción-afectado, mostran esquemas sintácticos e semánticos con diferentes funcións e papeis semánticos, novos valores aspectuais (boa parte das intransitivas son atélicas), non permiten na meirande parte dos casos a substitución pronominal por clítico acusativo nin deixan ningún resto pronominal na conversión temática, admiten en xeral máis doadamente os cambios de orde dos seus argumentos sen engadir elementos (compárese: o escándalo chegou con ela / con ela chegou o escándalo; María comeu o pastel / o pastel comeuno María) e a transformación a unha cláusula de participio (María comeu a sopa e saíu → comida a sopa, saíu). Ademais de todo isto, a cohesión semántico-sintáctica e rítmica entre predicado e complemento non directo tende a ser menos estreita cá que se produce entre predicado e complemento directo. Así pois, a noción de intransitividade, centrada aquí nas cláusulas de actitude e conduta, imos abordala dende unha perspectiva funcional que se basea no verbo 173 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego predicado, pero que se orienta á dimensión da construción, de tal xeito que as funcións sintácticas e semánticas son funcións da construción máis ca do verbo (Jackendoff 1990; Kay 1997: 123s.; Hale/ Keyser 2002; Goldberg 2003; Borer 2004), un punto de vista que sitúa a interrelación dos elementos da estrutura clausal como eixe da análise gramatical. Isto conleva tamén que os conceptos de actitude e conduta os fagamos derivar da construción, é dicir, dos significados que adquire un predicado nunha estrutura dada, que poden non coincidir exactamente cos prototípicos do seu lexema. 3. Construcións que denotan actitude e conduta Para describir e analizar estruturas intransitivas que expresan actitude e conduta o primeiro que temos que coñecer é o significado destes termos. O DRAG 1997: 24 di o seguinte de actitude: «1. postura do corpo que revela unha intención determinada ou un estado. 2. Disposición do ánimo que se traduce nun determinado modo de proceder». O DRAE 2001: 38 explica: «1. postura del cuerpo humano, especialmente cuando es determinada por los movimientos del ánimo, o expresa algo con eficacia. 2. Postura de un animal cuando por algún motivo llama la atención. 3. Disposición de ánimo de algún modo manifestada». O Petit Robert 1991: 127 define así este termo: «1º. Manière de tenir son corps.V. Contenance, maintien, port, pose, position, posture, station, tenue. 2º. Manière de se tenir (et par ext. Comportement) que correspond à une certaine disposition psychologique. V. Air, allure, aspect, expression, manière. 3º. Disposition à l’égard de qqn ou qqch.; ensemble de jugements et de tendances que pousse à un comportement. V. Disposition, position». Para conduta o DRAG 1997: 295 escribe: «1. modo de conducirse ou de comportarse». O DRAE 2001: 618 indica: «1. Manera con que los hombres se comportan en su vida y acciones. Psicol. Conjunto de las acciones con que un ser vivo responde a una situación». O Petit Robert 1991: 361 sinala o seguinte: «4. action de se diriger soi-même; façon d’agir. V. Agissement, attitude, comportement, façon, manière . . . Manière d’agir du point de vue de la morale». As actitudes e as condutas son obxecto de estudo de disciplinas científicas como a psicoloxía, socioloxía, lingüística, pedagoxía, teoría da comunicación, antropoloxía . . . As actitudes humanas constan de tres compoñentes: cognitiva, afectiva, condutual. A compoñente cognitiva engloba percepcións e coñecementos; a afectiva inclúe sentimentos, emocións e afectos; a condutual son as disposicións, intencións e plans de acción do individuo (Baker 1992: 12s.; Morales 1994: 495-621). O que acabamos de expoñer permítenos comprobar as estreitas relacións existentes entre actitude e conduta 4 ; trátase de eventos moi próximos, o primeiro de 174 Xosé Soto Andión 4 A proximidade entre actitudes e condutas xa foi posta en evidencia nos anos trinta do século pasado por R. T. Lapiere (traballo recollido en Fishein 1967: 26-31). Tamén Perloff 2003: 36s. defende a influencia das actitudes nas condutas e nas accións. carácter máis psíquico có segundo. Nós aquí imos considerar a actitude como a postura corporal e a disposición anímica adoptada pola entidade suxeito ante alguén ou ante algo, e a conduta como un modo de comportarse e de conducirse. Como os lindes entre actitudes e condutas non sempre resultan nidios e evidentes na lingua, nas análises presentaremos mostras variadas dunhas e doutras. Isto implica que nos atoparemos con construcións que son de actitude ou de conduta; outras presentan as dúas, superpoñendo conduta a actitude e viceversa; as terceiras semellan amosar tamén ambas as nocións, pero funcionando á par (en bastantes casos unha conduta implica asemade unha actitude ou á inversa); e as últimas refliten unha determinada actitude ou conduta que subxace a certo tipo de acción, estado e sentimento 5 . 4. Descrición e análise dalgunhas construcións intransitivas prototípicas de actitude e conduta 4.1. O método empregado para describir e analizar este tipo de estruturas interrelaciona, como dixemos, semántica 6 , sintaxe e léxico (Langacker 1991; Lyons 1993: 135) 7 , sen esquecer de todo o significado pragmático ou comunicativo que moitas veces aparece nos actos de fala (Mateus 2003: 55s.). Sintetizamos este método a modo de esquema no seguinte cadro: Predicado: ‘Significado’ [de acordo coa construción en que se insire]. Exemplos [lingua escrita con obra, número de revista ou xornal e páxina. Lingua oral co lugar e idade do informante]. Esquema sintáctico e esquema semántico 8 . - Suxeito [principais trazos semántico-sintácticos 9 ]. - Complementación 10 [principais trazos semántico-sintácticas]. - Outras características da construción: voz (activa, media, pasiva) 11 , valor pronominal e uso de clítico 12 se; distintos valores cando sexan pertinentes (perífrases, persoa, tempo, modo, número, negación . . .). Aspectualidade 13 . 175 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego 5 Eagly/ Chaiken 1998: 269 afirman que «attitudes express passions and hates, attractions and repulsions, likes and dislikes». Así e todo, as construcións que teñen esquemas semánticos de sentimento estudámolas á parte, e quedan polo tanto fóra deste traballo. 6 Obviamente estamos a referirnos á semántica da construción, non á semántica léxica. A que chamamos semántica da construción correspóndese grosso modo coa que outros cualifican como semántica gramatical e semántica estrutural (Lyons 1997: 129s.; Freixeiro 1999: 15s.). 7 Langacker afirma que non se pode disociar o léxico da gramática, do mesmo xeito que non se pode separar a estrutura sintáctica da estrutura semántica. Lyons considera que o significado oracional é resultado do significado léxico e gramatical, é dicir, do significado dos lexemas constituíntes e das construcións gramaticais que relacionan sintagmaticamente eses lexemas. Tamén outros autores (Croft 2001: 128) establecen unha interrelación entre o que denominan a estrutura conceptual baseada nas experiencias do falante, e a estrutura sintáctica e semántica. 176 Xosé Soto Andión 8 Denominamos esquema sintáctico ao molde sintáctico ou esquema de funcións sintácticas desempeñadas polos argumentos ou participantes da construción (Lazard 1998). Pola contra, os esquemas semánticos son os diversos moldes que agrupan os papeis semánticos exercidos polos argumentos da cláusula. Un mesmo esquema semántico pode ser aplicado a varias construcións e ás veces distintos esquemas semánticos poden converxer nunha mesma estrutura: «Pepe rosma» tanto amosa un esquema semántico portador de actitude-actitude como axente-acción e mesmo caracterizado-caracterización, pois contén unha acción, unha determinada actitude do suxeito e mesmo unha certa caracterización dun individuo. 9 Ademais dos papeis semánticos do suxeito e do complemento, temos en conta a variable de definitude. Unha entidade é definida se a podemos identificar como única ou específica (nomes propios, pronomes, frases con determinante) e indefinida cando non permite ser identificada como tal (frases sen determinante ou con determinante un, pronomes indefinidos). Este trazo pode repercutir na posición do suxeito ou nalgúns tipos de complemento.Alén disto, temos en conta os trazos semánticos aplicables ao referente do suxeito e do complemento; por estes trazos os nomes son: i) concretos/ abstractos: conforme sexan ou non perceptibles, observables e localizables no espazo como obxectos físicos. ii) propios/ comúns: segundo nomeen seres únicos na súa especie, individualizándoos, e especies, ou seres concretos dunha especie e abstraccións. iii) continuos/ discontinuos: conforme designen entidades (materia, masa, substancia) non enumerables por eles ou entidades (discretas) enumerables por eles. iv) individuais/ colectivos: segundo designen ben unha entidade dunha especie ou unha clase de individuos, ben unha pluralidade de entidades consideradas coma un todo formando un conxunto. 10 A complementación refírese ás distintas funcións sintácticas da cláusula, que precisan outras funcións básicas como son o suxeito e o predicado. Entran, pois, aquí o tipo e subtipo de unidade do complemento ou complementos que aparezan na construción. Canto ás funcións sintácticas do complemento, para as estruturas intransitivas de actitude e conduta servímonos das seguintes: complemento prepositivo, complemento circunstancial, complemento indirecto, complemento axente, predicativo. No que se refire ao tipo e subtipo de unidade, valémonos fundamentalmente destas: cláusula, frase nominal, frase preposicional, frase adxectiva, frase adverbial. 11 Manexamos estes tres tipos básicos de voz. A pasiva en galego, francés e outras linguas (Dimitrova-Vulchanova 1999; Araújo 2001) volve intransitiva a construción mediante a presencia de se na pasiva sintética, ou mediante a reorganización dos participantes na pasiva analítica, situando antes do verbo a entidade afectada e quedando o axente ou en posición posverbal ou na indeterminación.Tanto en galego coma noutras linguas a pasiva analítica perde terreo en favor da construción con se.A voz media está formada por estruturas formalmente activas e por estruturas pronominais con se (Sánchez López 2002); presenta un suxeito afectado, que pode ser [± animado], sen consideración dun axente que realice o evento, aínda que pode existir un causante. Ás veces tamén se delimitan tres tipos de voz media que convén ter en conta: (a) media interna, que se corresponde coa voz media prototípica que acabamos de definir; (b) media activa, que se corresponde coas tradicionais oracións reflexivas e recíprocas, cun suxeito á vez axente e afectado; (c) media pasiva, que é a denominada pasiva reflexa pola gramática tradicional, cun suxeito afectado non animado e un axente distinto del ou indeterminado. 12 Algún autores como Cidrás (2003) diferencian os clíticos propiamente ditos dos pronomes. Os clíticos, entre os que se atopa se, serían morfemas marcadores de función sintáctica, pero non desempeñarían tal función de seu. Dende esta premisa, existirán tres tipos de construcións nas que participa o clítico: as primeiras son as construcións de se reflexivas e recíprocas, en que o clítico actúa como morfema flexional obxectivo, as segundas son as de se de sentido impersoal nas que o pronome actúa como morfema flexional subxectivo, as terceiras son as de se marcador léxico que dá lugar ás estruturas estritamente pronominais. 13 Baixo a denominación de valores aspectuais ou aspectualidade (cfr. De Miguel 1999; Bertinetto/ Delfitto 2000; Thieroff 2000) englobamos tanto o aspecto léxico ou aktionsart - modo 4.2. Un predicado como abandonarse documentámolo en construcións intransitivas de actitude e conduta que significan ‘entregarse a algunha paixón ou vicio’ e ‘descoidar unha persoa a súa hixiene’: [1] abandonouse á bebida (GDXL,4) [2] abandonouse de tal xeito que parece un farrapeiro (DRAG,3) A primeira delas presenta o esquema sintáctico suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-término 14 . Para a segunda temos o esquema sintáctico é suxeito-predicado, co esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta. O suxeito adoita preceder o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control] 15 . O complemento resulta obrigatorio na primeira construción e está desempeñado por unha frase preposicional de estrutura (a + frase nominal), definida ou non definida e posposta ao predicado na orde non marcada. O seu referente ten os trazos semánticos [animado], [± concreto], [continuo] ou [+ continuo] coma no exemplo [1], e adoita ser un nome relativo ao campo semántico dos vicios ou paixóns. Na segunda construción o complemento non é obrigatorio, se ben funciona en moitas ocasións un ccircunstancial co papel semántico 16 sobre todo de modo, locación espacial e temporal, causa, fin, concesión. 177 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego do evento - derivado do lexema verbal en función de predicado, coma o aspecto gramatical derivado de procedementos morfolóxicos e sintácticos: suxeito e complementos, presenza de se, perífrases, negación, adverbios e locucións adverbiais, tempos verbais, afixos derivativos e flexivos, etc.. Dentro da aspectualidade discriminamos os seguintes contidos: - Estativo/ dinámico: o primeiro dáse de forma homoxénea ao longo do tempo sen mostrar cambio nin proceso. O segundo implica unha actividade - física ou psicolóxica - ou un cambio que se manifesta nuns resultados. O evento dinámico admite fases: inceptiva, media, terminativa ou cesativa. - Puntual ou instantáneo (acontece nun momento: estourar)/ durativo ou progresivo (progresa ao longo do tempo). - Atélico/ télico: un evento resulta atélico cando se mantén e dura un tempo non determinado; a miúdo admite a complementación con durante. Un evento é télico cando non mostra permanencia (chegar) nin manifesta duración. - Simple e semelfactivo (consta dunha fase)/ iterativo, múltiple, intermitente (consta de varias fases). - Habitual: repítese con determinada frecuencia. - Permanente: repítese de maneira constante. - Non intensivo (chover)/ intensivo (arroia, chove máis)/ atenuativo (barruza, chove miúdo). 14 O papel semántico de término fai referencia á entidade animada ou inanimada na que desemboca ou converxe calquera tipo de evento. É un papel semántico moi característico do compl. prepositivo. 15 Noción tirada de Comrie 1989: 59s. para quen o control é, grosso modo, o dominio que un axente manifesta sobre o evento ou situación descritos polo verbo. Este autor distingue entre control total, que manifesta vontade e desexo por parte do axente («caer no chan» deliberadamente); control potencial (caer por descoido); non control (caer por causa dun empurrón). 16 Algúns dos papeis semánticos que manexamos tanto para o complemento como para o suxeito poden verse tamén en Halliday 1994: 109s.; Dik 1997: 105s.; Van Valin/ Lapolla 1997: 140s.; Vilela 1999, Freixeiro 2000; Álvarez/ Xove 2002. A construción ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa, que impide o funcionamento de compl. directo na construción, e contribúe a establecer unha oposición de contido con outras acepcións deste mesmo verbo. O suxeito desta cláusula resulta máis activo e con meirande grao de vontade có doutras cláusulas non pronominais nucleadas por este predicado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e xeralmente atélico por existir duración; a presenza do clítico implica en ocasións valor inceptivo. - O verbo andar pode funcionar como predicado de construcións de conduta cuxo contido é ‘proceder do xeito que se indica’: [3] Pois ese anda sempre nas verzas e non se entera (Cotobade-Pontevedra,80) [4] Mañá escoitareivos os consellos, mais por agora andade ó voso gusto (MDR,47) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. circunstancial, e o esquema semántico portador de conduta-conduta-modo. O suxeito xeralmente sitúase en posición preverbal e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, adoita estar desempeñado por unha frase preposicional ou adverbial que expresa unha determinada maneira de actuar. Opcionalmente poden funcionar outros ccircunstanciais co papel semántico de locación temporal ou espacial, causa, fin . . . A construción é activa, cun suxeito que mostra un determinado comportamento. É habitual no modo imperativo e en contextos en que o emisor aconsella a un interlocutor o xeito de actuar ou conducirse. Pódese empregar con se para indicar suxeito indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e atélico. - Un verbo como abraiar rexistrámolo como predicado de estruturas que expresan actitude co significado de ‘pasmar, asombrarse con algo’: [5] abraiei diante daquela beleza (DRAG,8) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-ccircunstancial, co esquema semántico portador de actitude-actitude-causante. O suxeito adoita preceder o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non é de presenza obrigatoria. Resulta habitual o emprego dalgún ccircunstancial de estrutura (con, ante/ perante/ en presenza de + fr.nom.), cun referente xeralmente [animado], [± concreto] e [± continuo], que funciona semanticamente como entidade causante do evento 17 expresado polo verbo. A construción ten valor medio e admite clítico se indicando suxeito indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico - considerando a actitude como unha acción ou proceso psíquicos -, intensivo, atélico ou télico segundo se reflita ou non duración. - A forma abrirse atopámola como predicado de construcións actitudinais que significan ‘aceptar de bo grao as ideas alleas e as innovacións’: [6] É xente que se abre ás últimas tecnoloxías (Santiago,35) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de actitude-actitude-término. 178 Xosé Soto Andión 17 Os eventos son os distintos feitos que traducen procesos ou accións. O suxeito adoita preceder o predicado, agás en casos de tematización 18 do complemento (vgr. ás últimas tecnoloxías abrése pouca xente de idade). Posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. En enunciados figurados os trazos poden ser [animado], [± concreto], [± continuo], [± colectivo], vgr. a ciencia ábrese aos novos adiantos; a Universidade ábrese ás novas tecnoloxías; a escola ábrese ás tendencias da pedagoxía anglosaxona. O complemento ten carácter obrigatorio e funciona como tal unha fr. prep. de estrutura (a + fr.nom.), que semanticamente é o término ou receptor da actitude de aceptación manifestada pola entidade en función de suxeito. A construción ten carácter pronominal, cun clítico variable en número e persoa que reforza a presenza do suxeito e centra nel o evento e actitude designados pola construción. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico - a adopción dunha actitude vémola como un proceso psíquico máis dinámico ca estático -, atélico, ás veces intensivo ou atenuativo (vgr. ábrese moito/ pouco aos adiantos informáticos). - Actuar é un verbo que pode funcionar como predicado de construcións intransitivas de conduta cando o seu contido é o de ‘manter un certo comportamento’: [7] Todo depende de como actúen os axentes políticos (TN6,47) [8] A existencia desa comisión é máis nominal que real, sendo as propias consellerías as que actúan con total liberdade (TN20,32). O esquema sintáctico é suxeito-predicado-ccircunstancial, sendo o esquema semántico portador de conduta-conduta-modo. O suxeito pode preceder ou seguir o predicado. A posposición acontece cando se antepón o complemento por centrar o emisor nel o seu interese. Os trazos semánticos do suxeito son variables: [+ animado] e [± humano]; [animado] cando nos referimos ao proceder dunha entidade, organismo, etc.; [± común]; [± continuo]; [± control] segundo o sux. sexa ou non humano. O complemento resulta obrigatorio e está representado fundamentalmente por unha frase adverbial e preposicional ou por un cláusula, que expresan a maneira de actuar e comportarse a entidade en función de suxeito. De maneira opcional poden funcionar outros ccircunstanciais co papel semántico sobre todo de causa, locación temporal e espacial, fin (vgr. onte na reunión actuaches ben para conseguir o posto). A construción é activa, con sux. axentivo. Admite se para indicar suxeito indeterminado (vgr. cando se actúa mal veñen os problemas). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, ás veces habitual e iterativo. - As formas adoecer e devecer aparecen en cláusulas que expresan actitude baixo o contido de ‘desexar algo con afán ou ansiedade’: [9] sobre todo cando as revistas adoecen por exclusivas (OCG03-03-99,46) [10] cando era mozo devecía por ir ás festas (DRAG,410) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude-actitude-obxectivo 19 . 179 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego 18 Amais da tematización, a posposición do suxeito ao complemento está determinada polos valores aspectuais, a modalidade clausal, a animación e o control, a voz e o carácter semántico do verbo (D’Introno 2001: 132s.; Baltin 2001: 229s.) 19 Este papel semántico designa tanto aquilo para o que algo foi feito ou concibido coma un propósito, isto é, aquilo que se persegue. O suxeito adoita preceder o predicado e caracterízase en usos rectos polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. En ocasións pódense rexistrar expresións de tipo metonímico como a do exemplo precedente (revistas por periodistas) en que o suxeito actúa coma se fose animado. O complemento é obrigatorio e vai posposto ao predicado; está representado por unha fr. prep. de estrutura (por + cláusula), cun referente que constitúe un evento e traduce un obxectivo que o suxeito desexa acadar con paixón. Estas construcións presentan un suxeito non axentivo. A maioría admite se para indicar sux. indeterminado (vgr. adoécese por algo). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, intensivo. - Con aferrarse existe en galego unha estrutura que expresa actitude co significado de ‘porfiar teimudamente nunha idea’: [11] Aferrouse á idea de que xa non era útil (GDXL,56) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito adoita ir antes do predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e desempeña esta función unha fr. prep. de estrutura (a + fr.nom.), posposta ao predicado e cun referente [animado] e [concreto], que sinala aquilo ao que alguén se aferra con insistencia. É posible a presenza de argumentos de carácter optativo que expresen contidos principalmente de modo, cuantificación, causa, fin, locación espacial e temporal. A construción é pronominal, cun clítico que favorece a presenza de complemento con preposición e reforza o papel de participante do suxeito. Os valores aspectuais prototípicos son os de dinámico, atélico, intensivo. - Rexistramos apoucar funcionando como predicado dunha construción de carácter actitudinal co contido de ‘mostrar medo ou covardía, acovardarse’: [12] Defende os teus criterios e non apouques (DRAG,99) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, cun esquema semántico portador de actitude-actitude. O suxeito vai en posición preverbal, e posverbal cando o emisor centra o interese no evento designado polo predicado. Os seus principais trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio; opcionalmente aparecen argumentos en función de ccircunstancial co papel semántico de modo, locación temporal ou espacial, causa, consecuencia . . . A construción pode ter forma pronominal, enfatizando así o papel de portador de actitude do suxeito. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, progresivo diminutivo, atélico, ás veces intensivo. - Outros verbos que funcionan en construcións intransitivas de actitude son arranxarse, conformarse, que aparecen co significado de ‘apañarse con algo ou alguén, considerar suficiente unha cousa e non pedir máis’: [13] Unha filla dos caseiros faríalle as voltas e prepararíalle o almorzo e o xantar, arranxándose á noite cun café con leite que ela mesma quentaría (ARR,58) [14] El o pobre confórmase co que lle dean (Forcarei,70) 180 Xosé Soto Andión O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito pódese pospoñer ao predicado sobre todo cando é non animado, non definido e cando se tematiza o complemento. Os seus principais trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento é obrigatorio; está representado por unha fr. prep. de estrutura (con + fr.nom./ cláus.), posposta ao predicado e cun referente que sendo unha cláusula refire un evento co que alguén se contenta, e tratándose dun nome ten os trazos semánticos [± animado], xeralmente [+ concreto] e [± común], e expresa a entidade ou individuo que alguén considera suficiente para algo. Nesta construción é opcional algún argumento frasal ou clausal co papel semántico de fin, modo, loc. temporal ou espacial. A construción é pronominal, cun se que reforza a actitude expresada polo suxeito, centrándoa exclusivamente nel. É posible tamén a presenza de se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico; poden aparecer os valores habitual (vgr. sempre se conforma coa peor parte) e iterativo. - Unha forma verbal que se documenta en construcións de actitude e conduta é arriscarse co significado de ‘decidirse a facer algo que ten certo risco’: [15] Arriscouse a recibir unha mala contestación (Santiago,35) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-obxectivo/ causa. O suxeito adoita situarse antes do predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e está representado por unha fr. prep. de estrutura (a + cláus.), posposta ao predicado, expresando un evento que se constitúe en causa e obxectivo a acadar por parte do suxeito. A construción ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa que centra no suxeito o comportamento expresado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, télico, moitas veces intensivo, tamén habitual ou iterativo (vgr. sempre se arrisca a perder). - Próxima á anterior estrutura está a nucleada polo predicado atreverse, que dá lugar a construcións de actitude co significado de ‘ser quen de facer algo sen ter en conta os riscos que conleva’. [16] Eu avisaba que llo diría a Nico e ninguén se atrevía a tocarme un pelo (OCP,57) [17] Eramos sete ou oito en cada camioneta, todos con escopetas, e non se atreveron con nosoutros (OCT,24) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito anteponse ao predicado e os seus principais trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento é obrigatorio, está representado por unha fr. prep. de estrutura (a + cláus.) e (con + fr.nom.), cun referente que é ou un evento ou unha entidade [± animada] e [± humana], que designa o elemento que entraña dificultade, perigo, etc. Vai maioritariamente posposto ao predicado, aínda que a estrutura (con + fn) admite máis doadamente a anteposición (compárese: con nosoutros non se atreve / a tocarlle un pelo non se atreve). De maneira opcional pode funcionar ademais un ccircunstancial con diversos papeis semánticos como locación temporal e espacial, modo, causa . . . A construción é pronominal, o que favorece a presenza do compl. prepositivo. O clítico é variable en número e persoa e actúa como formante lexemático do verbo. Resulta frecuente aquí 181 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego o uso da modalidade negativa (vgr. non se atreveron a facelo; non se atreveron connosco). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, télico, puntual, ás veces iterativo. - O verbo asubiar rexistrámolo en construcións que refliten conduta co significado de ‘protestar mediante asubíos’: [18] cando non lle gusta a música asubíalle e bérralle ó picadiscos (TN6,97) O esquema sintáctico é suxeito-predicado e o esquema semántico portador de conduta-conduta. O suxeito xeralmente anteponse ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio. Aparece frecuentemente un dativo e/ ou compl. ind., que se pode antepoñer ou pospoñer ao predicado, cos trazos semánticos [+ animado], [± humano], e co papel semántico de destinatario e afectado. Tamén son usuais argumentos optativos en forma de ccircunstancial co papel semántico de modo, cuantificación, loc. espacial e temporal, causa, fin . . . A construción é activa, admite se indicando sux. indeterminado. É posible o emprego da pasiva analítica (vgr. Xurxo foi asubiado polo público). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e atélico, ás veces iterativo, intensivo (vgr. asubiaban moi forte como protesta). - A forma baixarse funciona en construcións de actitude co seguinte contido ‘humillarse, rebaixarse a algo ou ante alguén’: [19] non se baixa ó traballo e despois nunca terá nada (Forcarei-Pontevedra,70) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito vai anteposto ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, habitualmente posponse ao predicado, agás nalgúns casos de tematización (vgr. ao traballo non se quere baixar), e está representado por unha fr. prep. de estrutura (a + fr.nom./ cláus.), cun referente [± animado], que designa unha entidade ou un evento aos que alguén se rebaixa. A construción ten forma pronominal, o que favorece a presenza do compl prepositivo. O emprego de clítico outórgalle á construción un contido que a opón a outras construcións nas que participa este mesmo predicado, amais de poñer de relevo o sux. e centrar nel o evento actitudinal descrito. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico ou télico segundo se reflita ou non duración; ás veces iterativo, habitual e intensivo. - Outro verbo que forma predicados de construcións actitudinais e de conduta é calar co significado de ‘non protestar’: [20] a quen lle cala é a seu abuelo (Cotobade-Pontevedra,80) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. indirecto e o esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-beneficiado. O suxeito vai xeralmente precedendo o predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control] cando o sux. cala intencionadamente, [control] cando o suxeito cala por imposición. O complemento resulta obrigatorio, está representado por un compl. indirecto, de referente [+ humano], [+ concreto] e [± común] que designa o destinatario ou beneficiado pola actitude - de respecto - do suxeito. 182 Xosé Soto Andión A construción pódese utilizar con se expresando suxeito indeterminado. A construción con negación é frecuente (vgr. non lle cala a ninguén). Os valores aspectuais son estativo e atélico; tamén pode ser habitual (vgr. sempre lle cala), intensivo (vgr. moito cala e moito aguanta). - A forma verbal campar dá lugar a construcións de conduta co significado de ‘mostrar con presunción a posesión de certas características ou cousas, presumir’: [21] por campar rabear (Loureiro-Cotobade,80) O esquema sintáctico é suxeito-predicado e o esquema semántico portador de conduta-conduta. O suxeito sitúase xeralmente en posición preverbal e ten os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], ás veces [+ continuo] vgr. a xente campa canto quere, [+ control]. O complemento non é obrigatorio, pero pode funcionar algún ccircunstancial co papel semántico de modo (vgr. campar alegremente), cuantificación (vgr. ese campa moito), loc. espacial ou temporal, fin, causa. A construción é activa. Resulta frecuente en refráns como [21].Admite se indicando suxeito indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico; ás veces intensivo, habitual e iterativo. - O verbo comportarse dá lugar a construcións de conduta que teñen o contido de ‘manter un determinado comportamento co resto das persoas’: [22] na mesa, Mariano comportouse aquel día coa naturalidade de sempre (DEUS,150) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-ccircunstancial, sendo o esquema semántico portador de conduta-conduta-modo. O suxeito anteponse ao predicado. Os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento pode escusarse entendéndose neste caso o grao positivo (vgr. Mariano comportouse, hai que recoñecelo). Con todo, o habitual é o uso dunha fr. prep. de estrutura (con + fr.nom.), e sobre todo dunha fr. adv. nucleada fundamentalmente polos adverbios ben, mal e formas en -mente, expresando a maneira de actuar unha persoa. Tamén se pode empregar unha estrutura comparativa e modal encabezada por como seguido de frase nominal ou cláusula. O núcleo da fr. nom. pode ser un substantivo ou adxectivo (vgr. comportouse como/ coma un parvo) que funciona como cláus. modal ou como segundo termo de comparación. Poden aparecer outros argumentos optativos, con maior liberdade posicional e cos papeis semánticos de loc. espacial ou temporal, fin. A construción ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa que se constitúe en formante lexemático do verbo. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e atélico, ás veces intensivo. - A forma confiar é un predicado de construcións de actitude que amosa o contido de ‘fiarse de alguén ou dun mesmo; ter confianza en que algo aconteza’: [23] Pero a comadre non se confiou e mirara na sartén . . .(Becerreá-Lugo,14) [24] Confía en Hrutgy Simplicíssimus aínda que sexa un Cabo e o consideres lixo mau de Terra Ancha (BE,19) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, suxeito-predicado-compl. prepositivo. O esquema semántico respectivo é portador de actitude-actitude, portador de actitude-actitude-término. O suxeito adoita preceder o predicado e presenta os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio cando se centra o proceso 183 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego actitudinal no individuo, expresando confianza nun mesmo (vid. exemplo). Nos demais casos, o complemento é obrigatorio, vai xeralmente posposto ao predicado e está desempeñado por unha fr. prep. de estrutura (en + fr. nom./ cláus.), tendo como referente un evento (vgr. confío en que veña) ou un nome cos trazos [± animado], [+ concreto] ou [concreto] vgr. confío na sorte. En xeral, este complemento expresa a persoa, cousa ou evento, receptores da confianza do suxeito. De maneira opcional, pode funcionar tamén nestas construcións algún ccircunstancial co papel semántico sobre todo de modo, cuantificación, loc. temporal, causa, fin (vgr. antes confiaba moito nas súas posibilidades para triunfar). As construcións de compl. prepositivo admiten o emprego de se para indicar sux. indeterminado. As que non presentan esta función son pronominais, cun clítico variable en número e persoa que actúa como formante lexemático do verbo. Resulta frecuente o emprego de perífrases con valor obrigativo e de posibilidade ou imposibilidade, tanto con referencia ao emisor coma ao interlocutor (vgr. tes que confiar nel; pode confiar en min). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e atélico. Poden aparecer outros valores como intensivo (vgr. confía moito nas súas posibilidades), ou valores que inciden na entrada dun estado-inceptivo (vgr. empeza a confiar nas súas posibilidades) - e no remate do mesmo - terminativo (vgr. deixou de confiar en si mesmo). - As solucións opostas á precedente, que tamén participan nunha construción de actitude son desconfiar e recear, cuxo contido é ‘non ter confianza en alguén ou en algo’: [25] Desconfiábase do que viña de fóra (ESC,45) [26] Receaba daquel home que tanto miraba onde gardaba as cousas (GDXL,1644) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, resultando o esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito precede o predicado; pódese pospoñer en casos de tematización do complemento e de sux. non definido (vgr. daquel home desconfiaban todos). Os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e está representado por unha fr. prep. de estrutura (de + fr.nom./ cláus.), podendo ter como referente un evento ou unha entidade cos trazos semánticos [± animado], [± concreto] e [± común], sinalando o individuo ou a cousa en que se proxecta a actitude de receo do suxeito. En moitos casos o compl. prepositivo tamén adquire o papel semántico de causa, desencadeador directo da actitude de desconfianza que se produce no suxeito. De maneira opcional tamén pode funcionar un ccircunstancial co papel semántico sobre todo de locación temporal e espacial, modo e cuantificación (vgr. antes desconfiaba moito de min), causa, fin . . . A construcción admite a presenza de se indicando sux. indeterminado (vgr. aquí desconfíase de todo o mundo). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, en ocasións intensivo e habitual (vgr. normalmente desconfía moito da xente). - O verbo comprometerse funciona como predicado en construcións de actitude cando significa ‘adquirir unha responsabilidade ou compromiso, obrigarse a facer certa cousa’: [27] Comprometéronse a aceptar aquelas condicións (GDXL,509) [28] Comprometinme coa causa do terceiro mundo (Santiago,35) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito precede o predicado e ten os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, funcionando como tal unha frase preposicional posposta ao predicado, de estrutura (a + cláus.), que ten como referente un evento que alguén se 184 Xosé Soto Andión obriga a realizar, e (con + fr. nom.), cuxo referente é unha entidade que pode presentar os trazos semánticos [± animado] e [± concreto]. De maneira opcional pode funcionar tamén un ccircunstancial co papel semántico de modo (vgr. comprometerse firmemente a algo), fin, causa, medio, loc. espacial e temporal, etc. A construción é pronominal, cun clítico variable en número e persoa, que centra o compromiso expresado no sux., reforzando a súa participación nos feitos. Os valores aspectuais son dinámico, télico (adquirir unha actitude de compromiso non implica duración: comprometeuse nese momento a asinar o contrato), ás veces iterativo (vgr. comprometeuse varias veces coa nosa causa). - O verbo convir aparece en construcións de valor actitudinal co significado de ‘mostrarse conforme con algo’: [29] aínda que non me guste teño que convir no que dis porque é a pura verdade (DRAG,317) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito adoita ir antes do predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, está desempeñado por unha fr. prep., posposta ao predicado, de estrutura (en + cláus.) que expresa o evento co que o sux. manifesta o seu acordo. A construción admite se sinalando suxeito indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, télico. - A forma desistir é un predicado de cláusulas con valor actitudinal que significan ‘non seguir adiante con algunha obra ou tarefa iniciada’: [30] A falta de medios para a investigación obrigouno a desistir (DRAG,397) [31] só a presencia da súa muller entre eles, mantida á forza no seu poder, facíao desistir dun ataque temerario (AGOSTO,114) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico respectivo é portador de actitude-actitude, portador de actitude-actitude-término. O suxeito precede o predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control], ás veces [+ colectivo] vgr. o pobo desistiu da loita. O complemento non resulta obrigatorio naquelas estruturas nas que non se menciona a obra ou tarefa que se abandona. Nos demais casos, o complemento está representado por unha fr. prep. de estrutura (de + fr. nom.), cuxo referente é unha entidade cos trazos [animado] e [± concreto], e de estrutura (de + cláus.) cun referente que é un evento. En ambos os casos constitúen aquilo ao que alguén decide darlle as costas. De maneira opcional pode funcionar un ccircunstancial co papel semántico de modo (vgr. desistiron rapidamente do ataque), causa, fin, loc. espacial ou temporal . . . A construción é activa, cun sux. axentivo portador dunha determinada actitude que se traduce nunha acción de abandono ou renuncia. Admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, cesativo. - O predicado dispoñerse documentámolo formando parte de construcións de actitude co significado de ‘manifestar actitude de disposición para facer algo, aprestarse’. [32] De acordo coas súas instruccións, dispóñome a polo ao corrente das particularidades da miña chegada a este termo municipal de Nigueiroá (ARR,15) 185 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude-actitude-obxectivo. O suxeito precede o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, vai posposto ao predicado e funciona como tal unha fr. prep. de estrutura (a + cláus. de infinitivo), cun referente que sinala un evento que o suxeito pretende levar a cabo. De maneira opcional pode funcionar un ccircunstancial co papel semántico de modo, causa, fin, loc. temporal (vgr. agora dispoñíame a darcho para que non protestes) ou espacial . . . Ás veces tamén aparece un predicativo do suxeito (vgr. disponse animado a facelo). A construción é activa, cun sux. pouco axentivo, que reflite a actitude e propósito de facer algo. Admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, télico, a miúdo a construción presenta un valor inceptivo (inicio de algo). - As formas erguerse e arrepoñerse son predicados de construcións que designan actitude e conduta baixo o contido de ‘facerlle fronte a alguén ou a unha imposición, idea, autoridade’: [33] A xente érguese continuamente contra os opresores (Santiago,27) [34] Atrapallado polo medo que lle entrara, pois non sabía moi ben cómo arrepoñerse a aquel inesperado contratempo (ESC,32) [35] Arrepúxoselle ao pai e contestoulle mal (Cotobade-Pontevedra,80) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, resultando o esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-término. O suxeito precede o predicado agás en casos de tematización dun complemento (vgr. ao pai non se lle arrepón). Os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ continuo] en casos como [33], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio; se non se explicita queda a miúdo latente (vgr. debes obedecer e non erguerte). Na construción con erguerse o complemento está representado por unha fr. prep. de estrutura (contra + fn), cun referente [+ animado] e [+ concreto] cando se trata de rebelarse contra alguén, e [animado], [concreto] cando a rebelión se produce contra unha idea, inxustiza, etc. Na construción con arrepoñerse o complemento está representado por unha fr. prep. de estrutura (a + fr.nom./ cláus.), de referente [± animado] e [± concreto]; aquí con carácter opcional pode aparecer un pronome dativo referido ao complemento. En ambas as estruturas pode funcionar opcionalmente tamén un predicativo do sux. (vgr. arrepúxose enfadado a seu pai) e un ccircunstancial co papel semántico sobre todo de modo, fin, locación espacial e temporal, causa, ás veces comitativo (vgr. nese ano ergueuse cos seus seguidores contra o goberno). A construción é activa. Ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa que actúa como formante lexemático do verbo e centra o protagonismo do evento no suxeito. Os valores aspectuais son dinámico, télico, atélico se o evento se manifesta con duración; con frecuencia adquire tamén os valores inceptivo, iterativo e habitual, intensivo. - Un verbo como enfadarse maniféstase en construcións de actitude que posúen os significados de ‘poñerse de mal humor’ e ‘poñerse a mal con algúen’: [36] eu enfadeime ben porque viñan todos encima del (O Corgo-Lugo,90) [37] mais deuse conta do que o rei facía, e enfadouse con el (MDR,202) O esquema sintáctico é suxeito-predicado e suxeito-predicado-compl. prepositivo, resultando o esquema semántico portador de actitude-actitude, e portador de actitude-actitude-término. O suxeito adoita preceder o predicado, agás cando o emisor centra a atención no evento actitudinal (vgr. enfadouse María) ou tematiza o complemento (vgr. con ela non se enfadou). Os 186 Xosé Soto Andión trazos semánticos do sux. son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non se fai obrigatorio naqueles casos en que a construción se centra no proceso actitudinal en si de cambio de humor do suxeito, nin cando este sux. é composto e o verbo está en plural (vgr. María e Carlos enfadáronse). Neste caso o clítico asume os valores do compl. prepositivo, se ben agora o proceso actitudinal non parte do sux. senón que é simultáneo para os dous participantes (compárese María e Carlos enfadáronse / María enfadouse con Carlos). Outra construción con este verbo presenta a función de compl. prepositivo, que está representado por unha fr. prep., posposta ao predicado, de estrutura (con + fn) e referente [+ humano], [+ concreto], [± común], sinalando o individuo co que alguén se pon a mal. Tamén poden aparecer outros argumentos optativos sobre todo en función de ccircunstancial cos papeis semánticos de causa (frecuente na construción sen compl. prepositivo), locación temporal ou espacial, modo e cuantificación, etc. Estas construcións teñen forma pronominal, cun sux. que desenvolve unha acción/ actitude de seu, pero causada por algo externo. O clítico é variable en número e persoa, centra o evento actitudinal no suxeito e intensifica o seu papel de portador de actitude. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico - proceso interno de actitude - , ás veces inceptivo, intensivo, habitual e iterativo. - A forma espertar documentámola en construcións de actitude que presentan o contido de ‘espelir o ánimo’: [38] como non esperte non sei que ha ser dela (Forcarei-Pontevedra,64) O esquema sintáctico é suxeito-predicado e o esquema semántico portador de actitude-actitude. O suxeito adoita preceder o predicado e posúe os trazos semánticos [+ animado], xeralmente [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non é obrigatorio, aínda que resulta común o funcionamente dalgún ccircunstancial cos papeis semánticos sobre todo de locación temporal, modo, causa, medio, fin . . . A construcción reflite unha actitude que consiste en activar ou espabila-la mente e o ánimo. É frecuente o uso de cláusulas negativas. É posible o clítico se para indicar sux. indeterminado (vgr. se non se esperta, os demais supérante). Os valores aspectuais son dinámico, télico e puntual. - O predicado gurrar aparece en estruturas intransitivas que amosan actitude e conduta co significado de ‘afanarse de modo insistente en conseguir algo’: [39] Non gurres porque non che imos deixar ir (DRAG,608) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, cun esquema semántico portador de actitude/ condutaactitude/ conduta. O suxeito anteponse ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio. Pode funcionar un ccircunstancial desempeñando diferentes papeis semánticos coma os de loc. espacial e temporal, modo, fin inmediato coas preposicións por e para (vgr. gurraba por conseguilo), causa, cuantificación sobre todo con frases adverbiais (vgr. non gurres tanto que non vas), condición, consecuencia etc. Tamén pode funcionar un dativo e/ ou compl. ind. co papel semántico de destinatario e referente animado (vgr. que non lle gurre ao avó, que non vai e xa está), así como un predicativo referido ao estado do suxeito (vgr. Iria gurraba enfadada). A construcción está na voz activa, con sux. axentivo. Atópanse moitos casos na modalidade exhortativa e con negación (vgr. veña, gurra; non gurres que é igual). Admite a presenza de se indicando sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, intensivo. 187 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego - Os seguintes verbos que funcionan en construcións de actitude son importarse e interesarse, cuxo significado é o de ‘amosar interese por algo ou por alguén’: [40] eles viven tranquilos, non se importan por ninguién (Forcarei-Pontevedra,65) [41] tamén convén que nos interesemos por algo (Forcarei-Pontevedra,40) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude-actitude-obxectivo. O suxeito acostuma preceder o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e está representado por unha fr. prep., posposta ao predicado na orde non marcada e de estrutura (por + fr.nom./ cláus.), cun referente que pode designar un evento tratándose dunha cláusula, ou ser unha entidade tanto [animada] e [± concreta] coma [+ animada]; en ambos os casos constitúense no obxectivo dos intereses de alguén. A construción é pronominal, cun clítico variable en número e persoa que actúa como formante lexemático do verbo, adquirindo unha dobre proxección, isto é, como elemento que determina a presenza do complemento e como elemento que pon de relevo o suxeito, centrando nel unha determinada actitude e reforzando o seu papel semántico de portador dunha actitude de interese por algo ou alguén. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e atélico, ás veces intensivo (vgr. interesarse moito polo cinema). - Os predicados insistir, martelar, teimar rexístranse en construcións de actitude e conduta que refliten o significado de ‘empeñarse obstinadamente en algo, manterse firme nunha actitude’: [42] Insisto en que Vde. non debera acochar desconfianza verbo dos meus sentimentos por Dorinda (ARR,33) [43] Nembargantes, eu insistía en ve-lo souto de castiñeiros, e estes eran enormes (BE,36) [44] Tratábase, pois logo, de dificultar tales censións e de insistir sobre a vindicación lusitana do Couto Mixto (ARR,78) [45] tanto martelou no choio que conseguiu o que quería (GDXL,1256) [46] Dicíanlle que non era posible, pero el teimaba en facelo (DRAG,1121) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, suxeito-predicado-compl. prepositivo, co esquema semántico respectivo portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta, portador de actitude/ condutaactitude/ conduta-término. O suxeito pódese pospoñer ao predicado cando o centro de atención establecido polo emisor se sitúa no complemento. Os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento pode non explicitarse, se ben adoita quedar latente -recoñecible a través do contorno da mensaxe. Está desempeñado por unha fr. prep., con ou sen determinante, de estrutura (en + cláus.), (en + fr.nom.), menos frecuente (sobre + fr.nom.) que só foi rexistrada con insistir, cun referente que designa un evento ou unha entidade cos trazos [animado] e [± concreto], expresando acción, tema ou asunto que alguén reitera ou no que alguén pon énfase, interese, etc. Tamén pode funcionar un dativo e/ ou compl. ind. de referente animado e co papel semántico de afectado (vgr. a eses hailles que insistir bastante); un ccircunstancial co papel semántico de cuantificación (vgr. insistiron moito nese aspecto), loc. espacial, temporal, modo, causa, fin (vgr. insistiulle para que quedase). A construcción está na voz activa, admite se indicando sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, iterativo, intensivo. - A forma loitar aparece en construcións de actitude e conduta co significado de ‘esforzarse por algo ou por alguén’: 188 Xosé Soto Andión [47] X. Correa loita por desentrañar os misterios da expresión na súa pintura visceral (TN20,73) [48] a alma de Rosalía, esa sombra galega que loitou tanto por Galicia (Padrón-A Coruña,70) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-obxectivo. O suxeito adoita situarse antes do predicado. Os seus trazos semánticos en usos non figurados son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e está desempeñado por unha fr. prep., posposta ao predicado, de estrutura (por + cláus./ fr.nom.), cun referente que pode ser un evento constituído en meta ou obxectivo que un individuo pretende acadar, ou pode tratarse dunha entidade cos trazos [± animado], [± concreto], [± continuo], [± común], que o sux. persegue como obxectivo. En moitos casos, o obxectivo convértese pola súa vez na causa que serve de estímulo á actitude/ conduta que o sux. desenvolve; o contexto lingüístico e extralingüístico axuda a discriminar un ou outro significado. Tamén pode funcionar na construcción, de modo opcional, un ccircunstancial con papeis semánticos como cuantificación (vgr. loitar moito por algo), modo (vgr. loitar encarecidamente por algo), comitativo, medio, locación espacial e temporal, destinatario (vgr. daquela loitaban polo país para os seus fillos) . . . En ocasións aparece un predicativo mostrando un determinado estado do suxeito (vgr. loitou confiado por Galicia). A construcción é activa, cun sux. axentivo física e psíquicamente que traduce unha actitude e conduta de loita. Admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, intensivo; en ocasións habitual e iterativo. - O verbo manifestarse atópase en construcións de actitude baixo o contido de ‘expresar unha opinión a favor ou en contra de algo ou de alguén’: [49] Plantoulle lume aos pastos do Coto dos Cravos, Sesteiros dos Brañadoiros e as Verandas dos castrexos, por se manifestaren os seus usufructuarios ou posesores comunais favorábeis ao dominio castellano (ARR,83) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-predicativo, cun esquema semántico portador de actitude-actitude-modo. O suxeito anteponse ao predicado, pero pode pospoñerse cando o emisor tematiza o complemento ou centra a atención no evento designado polo predicado. Os trazos semánticos do suxeito son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio; está representado por unha frase preposicional de estrutura (a favor de, en contra de, contra + fr. nom.), e por unha fr. adxectiva que concorda en número e xénero co suxeito (manifestarse favorable/ contrario a . . .), cun referente moi variable semanticamente que pode ser [± animado], [± concreto], [± continuo], sinalando o estado de opinión e actitude dun individuo ou dun grupo de individuos. De maneira opcional poden tamén aparecer algúns ccircunstanciais co papel semántico de modo (vgr. na reunión manifestouse rapidamente favorable a esa iniciativa), loc. espacial e temporal, fin, causa, condición . . . A construción ten forma pronominal e significado activo, cun sux. axentivo e protagonista dos feitos e cun clítico variable en número e persoa, que establece unha oposición de matices de significado con outras estruturas nas que participa este mesmo verbo. Nesta estrutura con se o posible obxecto queda absorbido no verbo, adquirindo o sux. meirande protagonismo (vgr. manifestar unha opinión a favor do goberno → manifestarse a favor do goberno). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, intensivo; moitas veces tamén habitual e iterativo. - Manterse constitúese en predicado de construcións de actitude cando presenta o contido de ‘permanecer alguén na actitude en que estaba’. 189 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego [50] E agora comprendo por que esta banda da Estrada se mantivo tan firme no seu illamento. Vosoutros sodes a estrela que guía (OCT,57) [51] Joseph continuaba amarrado a unha gavia e mantíñase na actitude petrificada de ollar o horizonte (BE,94) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-predicativo, suxeito-predicado-predicativo-ccircunstancial. O esquema semántico respectivo é portador de actitude-actitude-modo, portador de actitude-actitude-modo-asunto. O suxeito pódese antepoñer ou pospoñer ao predicado; o semantismo da construción coa presenza de se e a non definitude e non animación do suxeito favorecen a posposición. Os trazos semánticos do suxeito poden ser [+ animado] e [± humano], [+ concreto], [concreto] vgr. o ánimo mantívose alto todos estes anos, [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, está representado principalmente por unha fr. adxectiva, fr. preposicional, cláusula, cun referente [animado] e [concreto] que indica o modo de estado e actitude do suxeito. En moitas construcións funciona tamén un ccircunstancial de estrutura (en + fr.nom.), que indica o asunto, tema ou aspecto sobre os que alguén mantén determinada actitude (vgr. mantense inamovible nesa cuestión). A carón destes complementos pode funcionar de xeito opcional outro ccircunstancial co papel semántico sobre todo de modo (vgr. mantéñense ferreamente inamovibles nesa cuestión), locación temporal, espacial, causa, comitativo, fin. A construcción ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa (vgr. mantéñome / mantense moi ben). O sux. apenas ten carácter axentivo, refire un individuo mantedor dunha determinada actitude que supón un desexo, fixación e autoconvencemento (certo grao de actividade mental) por permanecer nunha situación. Os valores aspectuais prototípicos son estativo, atélico, ás veces intensivo. - Mentir é unha forma verbal que se manifesta en construcións de conduta cuxo significado é o de ‘dicir cousas que non son certas’: [52] só podería curar a morte aquela coita, que aquel que mente cando finxe amar é o peor dos seres todos (EBO,250) [53] o que chufa e mente a bolsa llo sente (Ourol-Lugo,55) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, e o esquema semántico portador de conduta-conduta. O suxeito adoita manter a orde prototípica de anteposición ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], ás veces [+ continuo] vgr. a xente mente, [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio. Funciona moitas veces un compl. indirecto, de referente humano, co papel semántico de afectado (vgr. mentiulle a seu pai), e un ccircunstancial co papel semántico de modo (vgr. mente moi mal), cuantificación (vgr. mente moito), causa e fin (vgr. mente para salvarse), tempo e frecuencia (vgr. mente a miúdo), etc. A construción é activa. Admite o uso de se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico; pode adquirir os valores intensivo (vgr. mente demasiado), iterativo e habitual (vgr. mente a miúdo), ás veces puntual (vgr. aí mentiu, despois dixo a verdade). - Un predicado como matarse documentámolo en construcións de actitude significando ‘esforzarse, ter moito interese por algo ou por alguén’: [54] El matábase todo por casar con ela, pero ela non o quixo (Forcarei-Pontevedra,65) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude-actitude-obxectivo. 190 Xosé Soto Andión O suxeito xeralmente anteponse ao predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e está representado por unha fr. prep., posposta ao predicado, de estrutura (por + fr.nom./ cláus.), cun referente que sinala un evento ou unha entidade de trazos [+ animado] e [± común]; en ambos os casos constituíndo o obxectivo do esforzo realizado por un individuo. A construcción é pronominal, cun clítico que actúa como formante lexemático do verbo, variable en número e persoa e que contribúe a establecer unha oposición de contido con outras construcións nas que participa este mesmo verbo. Fronte ao carácter axentivo e activo da construcción transitiva (vgr. matar a alguén), a intransitiva pronominal presenta un sux. actitudinal, que protagoniza un esforzo de tipo anímico. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, intensivo, ás veces iterativo. - Un verbo que aparece en construcións de conduta é medirse cando significa ‘actuar con prudencia no que se fai ou se di’: [55] Vas ter que medirte moito para chegar a fin de mes (Cotobade-Pontevedra,45) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-(ccircunstancial) 20 e o esquema semántico portador de conduta-conduta-(campo, materia, actividade . . .). O suxeito vai anteposto ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento pode non explicitarse ou quedar latente (vgr. hai que medirse [nos gastos] para chegar a fin de mes). Outras veces funciona un ccircunstancial representado por unha fr. prep. de estrutura (en + fr.nom./ cláus.), cuxo referente é un evento ou unha entidade cos trazos [animado], [± concreto], [± continuo], expresando o eido, materia, etc., nos que un individuo actúa con mesura. Tamén poden funcionar de maneira opcional outros argumentos co papel semántico de locación espacial ou temporal, modo, cuantificación, causa, fin . . . Esta construción é pronominal, cun clítico variable en número e persoa, que centra a conduta indicada só no suxeito, reforzando o seu papel de participante nos feitos expresados. O clítico aquí constitúese ademais en formante lexemático do verbo, establecendo unha oposición de contido coas construcións transitivas nas que este mesmo verbo participa. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico e atélico, ás veces intensivo (vgr. hai que medirse moito para chegar a fin de mes). - A forma negarse rexistrámola en construcións de actitude co significado de ‘non acceder a algo ou non aceptar facer unha cousa’: [56] Crego decide pórlle Xesús María, pero pai négase (MDB,65) [57] O Embaixador español non se diu por referido e negouse a se bater comigo (ARR,80) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude-actitude-término/ causa. O suxeito vai anteposto ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento pode non estar explícito, pero a súa presenza sempre queda latente. Está desempeñado por unha fr. prep. de estrutura (a + cláus.) e (a + fr.nom.), cun referente [animado] e xeralmente [concreto] vgr. negouse a toda colaboración con eles. O complemento vai posposto ao predicado na orde non marcada, expresando un evento, actividade ou empresa que o sux. decide non levar adiante. Poden funcionar outros argumentos facultativos en 191 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego 20 As parénteses nas funcións sintácticas e semánticas indican que, tratándose dunha función moi frecuente na cláusula en que aparece, non é estritamente obrigatoria. forma de ccircunstancial con diferentes papeis semánticos como modo, loc. espacial e temporal, causa, consecuencia, fin . . . A construción ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa, que establece unha oposición de contido coa estrutura transitiva, determina a presenza do compl. prepositivo e concentra no sux. a actitude e o evento expresados. A preposición a non está totalmente baleira de contido, existen nela algúns matices de significado próximos a ‘en relación con’, ‘canto a’, etc. que se aprecian mellor se procedemos a inverter a orde separando o verbo da preposición (vgr. negouse totalmente a loitar connosco / a loitar connosco negouse totalmente). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, télico. Ás veces presenta valor intensivo e iterativo (vgr. négase reiteradamente a colaborar). - Unha forma verbal que funciona en construcións de actitude é nifrar co significado de ‘poñerlle mala cara a algo ou a alguén’: [58] pónselle a comida diante e inda lle nifra, mira que soberbia (Forcarei-Pontevedra,65) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-(compl. ind.), cun esquema semántico portador de actitude-actitude-(destinatario/ causa). O suxeito precede o predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio. Aínda que ás veces pode non estar explícito e quedar latente (vgr. ao poñerlle a comida nifraba), tende a funcionar un dativo e/ ou un compl. ind., de referente [± animado], co papel semántico de destinatario e asemade causante dunha determinada actitude que se produce nun individuo. De maneira opcional tamén pode aparecer un ccircunstancial co papel semántico de causa e cuantificación, modo, loc. temporal, fin . . . A construción é activa, cun sux. axentivo e actitudinal. Admite se indicando sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, ás veces intensivo e iterativo. - Un predicado coma obedecer funciona en estruturas de conduta significando ‘seguir as ordes de algo ou alguén’: [59] Obedecín sen dubidar un intre (BE,16) [60] ¡Cala e obedece, muller! (OCT,181) [61] Cala, cala, que me mandou aquí a túa ama, e o can obedeceulle (Boqueixón-A Coruña,78) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, suxeito-predicado-compl. ind., sendo o esquema semántico respectivo portador de conduta-conduta, portador de conduta-conduta-destinatario. O suxeito vai xeralmente anteposto ao predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ animado], [+ humano], ás veces [humano] vgr. o can obedece, [continuo] ou [+ continuo] vgr. a xente non obedece, [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non se fai obrigatorio, aínda que adoita quedar implícito ou latente en bastantes casos. Noutras ocasións, explicítase o destinatario da obediencia a través dun dativo ou dun compl. indirecto de estrutura (a + fr. nom./ cláus.), cun referente [+ animado] e [+ concreto], ou [animado] e [concreto] cando se refire sobre todo a propiedades inalienables do individuo (vgr. obedeceulle á súa vontade; obedece aos seus instintos). Poden funcionar así mesmo outros argumentos optativos como son un ccircunstancial co papel semántico de modo, causa (vgr. antes obedecíalle porque precisaba diñeiro), fin (vgr. obedece para obter beneficios), locación espacial e temporal . . ., e tamén un predicativo do suxeito (vgr. sempre lles obedece humilde aos pais). A construción ten un sux. non axentivo.Admite o uso de se indicando sux. indeterminado. Preséntase moitas veces na modalidade exhortativa. É posible unha pasiva analítica cun suxeito 192 Xosé Soto Andión [± animado] e presenza ou non dun complemento axente executor ou seguidor dun mandato (vgr. tódalas ordes foron obedecidas polos soldados). Danse casos de alternancia entre dativo e acusativo con aspectualidade télica e complemento [± animado] (vgr. sempre lle obedece / sempre a obedece). Os valores aspectuais son dinámico e atélico; pode adquir valor télico cando non hai duración (vgr. obedecinlle ao momento), do mesmo xeito que se poden reflectir outros valores como inceptivo ou terminativo (vgr. obedecinlle dende aquel momento; deixeille de obedecer dende aquel momento), habitual. - A forma opoñerse atópase en construcións de actitude e conduta baixo o significado de ‘enfrontarse, ser contrario a alguén ou a algunha cousa’: [62] o decano da Facultade de Veterinaria e varios dos seus profesores opuxéronse a determinadas cláusulas dun convenio coa Universidade de Santiago (TN6,18) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-término. O suxeito adoita preceder o predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio e está representado por unha fr. prep., posposta ao predicado na orde non marcada, de estrutura (a+ fr.nom./ cláus.), cun referente que pode designar un evento ou ser un nome cos trazos semánticos [± animado], [± concreto] e [± continuo], indicando a entidade ou individuo aos que o sux. se mostra contrario. Cando o suxeito está constituído por dúas ou máis entidades entre as que se establece unha relación de oposición e cun verbo en plural, o complemento pode quedar implícito (vgr. profesores e alumnos opuxéronse [uns ás propostas dos outros]). Noutros casos o término e causa da conduta de oposición non están introducidos polo compl. prepositivo senón que funcionan nunha cláusula distinta (vgr. as medidas non gustaron, así que profesores e alumnos opuxéronse / profesores e alumnos opuxéronse ás medidas). De maneira opcional tamén é posible empregar un ccircunstancial con papeis semánticos coma o de modo (vgr. opóñense drasticamente a esas medidas), cuantificación, causa, fin, loc. espacial e temporal, etc.; así como un dativo e/ ou compl. ind. co papel semántico de prexudicado (vgr. opóñenselle a tódalas medidas que adopta). A construción ten forma pronominal, cun clítico variable en número e persoa, que centra o evento no sux. e reforza o seu papel axentivo e protagonista dos feitos. Estando a construción en plural o clítico remite á función de compl. prepositivo (vgr. Carlos e Xavier opóñense; Carlos oponse a Xavier e Xavier oponse a Carlos). Coa construción en singular a presenza de clítico determina o uso do compl. prepositivo, ademais de reforza-lo sux. como portador dunha relación de oposición con outra entidade. Os valores aspectuais son dinámico e atélico por se centrar a atención na conduta mesma de opoñerse a algo ou a alguén. Outros valores que se poden documentar son intensivo, iterativo, habitual. - O verbo pasar funciona como predicado de construcións de actitude e conduta que teñen como significado ‘desprezar algo ou a alguén’: [63] ahora a xente pasa moito, eu penso que pasa moito da misa (Forcarei-Pontevedra,42) [64] dará aljo para seletividá. O de física xa pasa de todo, eh (Muros-A Coruña,17) O esquema sintáctico é suxeito-predicado e o esquema semántico portador de actitude/ condutaactitude/ conduta. O suxeito adoita preceder o predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ continuo] en casos como [63], [+ control]. O complemento é opcional, aínda que xeralmente queda latente unha fr. prep. de estrutura (de + fr. nom./ cláus.), que ten como referente un evento ou unha entidade (vgr. o profesor de física pasa [de explicar; de atender os alum- 193 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego nos; das nosas tonterías]) cuxos trazos poden ser [± animado] e [± concreto], e que indica a cousa ou a persoa que non é obxecto de interese do suxeito. En moitas ocasións tamén funciona un ccircunstancial co papel semántico de tempo (vgr. neste momento paso), modo e cuantificación, causa, fin . . . É moi corrente un complemento non definido, sen determinante, expresando a totalidade das cousas (vgr. el pasa de todo). A construción é activa, admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, con frecuencia intensivo (vgr. a xente pasa moito diso), e ás veces habitual e iterativo. - O predicado prestarse forma construcións de actitude que teñen o contido de ‘ofrecerse unha persoa para facer algo’: [65] nembargantes non se presta a axudarme nas miñas investigacións no canil . . .(ARR,108) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de actitude-actitude-obxectivo. O suxeito precede o predicado, agás cando se tematiza o complemento (vgr. pouco se prestou o teu amigo a axudarnos). Os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento é obrigatorio e está representado por unha fr. prep. de estrutura (a + cláus.), tendo como referente un evento que indica o fin para o que alguén se ofrece. De modo opcional pode funcionar un ccircunstancial co papel semántico sobre todo de causa, modo, loc. espacial e temporal. A construción é activa e pronominal, cun clítico variable en número e persoa que centra a actitude expresada no suxeito e reforza a súa presenza na construción. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, ás veces iterativo. - Un novo verbo que atopamos en construcións de actitude é renegar, que ten como significado ‘rexeitar ideas, crenzas ou persoas’: [66] porque o que renega do seu non é triunfador (Santiago,40) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito habitualmente anteponse ao predicado e os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento é obrigatorio; está representado por unha fr. prep. de estrutura (de + fr.nom.), tendo como referente un nome [± animado] e [± concreto], que indica a persoa, idea, etc. que alguén rexeita. Opcionalmente poden funcionar outros complementos, sobre todo ccircunstanciais co papel semántico de causa, fin, modo, tempo e lugar, etc. A construción é activa, cun sux. que manifesta unha actitude de rexeitamente cara a algo ou alguén. Admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, ás veces iterativo e intensivo. - O predicado renunciar documentámolo en construcións que expresan actitude baixo o contido de ‘abandonar, prescindir de algo ou de alguén’: [67] nada que ver coa creación desta asociación nin co malestar dalgúns dos deseñadores que renunciaron a desfilar en Cibeles (OCG04-02-99,43) [68] dixéronlle que se vendían as bestas, que fundaban unha capilla de protestantes e que renunciaban da relighión católica (Cerdedo-Pontevedra,55) 194 Xosé Soto Andión O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito precede o predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control], [control parcial] se a renuncia é forzada. O complemento é obrigatorio; xeralmente está representado por unha fr. prep. de estrutura (a + fr.nom.), (a + cláus. de inf.), cun referente que expresa un evento tratándose dunha cláus. ou que alude a unha entidade de trazos [± animado], [± concreto] e [± continuo]. Ocasionalmente tamén se rexistraron exemplos de fr. prep. coa estrutura (de + fr.nom.), que poden constituír cruzamentos con ‘renegar de’. O uso desta preposición serve para reforzar o significado de separación e afastamento de algo, co que a idea de renuncia resulta máis forte e marcada. De maneira opcional funciona en moitos casos un ccircunstancial co papel semántico de modo, cuantificación, causa, loc. temporal e espacial, consecuencia . . . A construción é activa, cun sux. portador dunha determinada actitude que se traduce nunha acción de renuncia. Admite se para indicar suxeito indeterminado. Son frecuentes os empregos de cláusulas negativas (vgr. non renuncia a nada). Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, télico. - O predicado resignarse funciona en construcións que expresan actitude co significado de ‘aceptar algo con actitude de resignación’: [69] Eu non sei, cheguei a aceptalo, resigneime (ESC,84) [70] ¿Que de aquel Amaury que non se resignaba xamais ao sometemento e ao mando dos déspotas do mundo? (BE,188) [71] resignouse co resultado que obtivo no exame (Santiago,35) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico respectivo portador de actitude-actitude, portador de actitude-actitude-término. O suxeito sitúase en posición preverbal agás en estruturas marcadas. Os seus trazos semánticos son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non é obrigatorio nas construcións en que a presenza de sux. e verbo abonda para o que se pretende transmitir, por iso case sempre queda latente. Noutros casos funciona un compl. prepositivo representado por unha fr. prep. quer de estrutura (a/ con + fr.nom.), cun referente de trazos semánticos [animado] e [± concreto], quer de estrutura (a/ con + cláus. de inf. ou cláus. seguida de que: resignouse co que lle deron) indicando aquilo que se acepta resignadamente. Ambas as dúas frases actúan como entidades receptoras da actitude de resignación que se dá no suxeito. Tamén poden aparecer opcionalmente ccircunstanciais con papeis semánticos coma o de modo, loc. temporal e espacial, causa, fin, etc. A construción é pronominal e aparece na voz media, cun clítico que actúa como formante lexemático do verbo admitindo variación en número e persoa. É frecuente o uso da construción con negación poñendo de manifesto a non conformidade con algo (vgr. non se resigna a perdelo). Os valores aspectuais son dinámico, atélico, ás veces intensivo. - O verbo responder forma construcións de actitude significando (a) ‘ser ou facerse responsable de algo ou de alguén’ e (b) ‘adoptar unha determinada actitude de resposta ante o que outro realiza’. [72] eu respondo por este home, berreille aos meus camaradas (BE,278) [73] bueno eu deso si que non respondo (Cotobade-Pontevedra,80) [74] non vou responder ás túas provocacións (DRAG,1022) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de actitude-actitude-término. 195 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego O suxeito adoita preceder o predicado, pero en moitos casos aparece posposto porque o emisor desexa poñer de relevo a cousa da que se responsabiliza ou o mesmo feito de responsabilizarse, en ocasións co fin de tranquilizar o interlocutor (vgr. non pasa nada que diso respondo eu; non vos preocupedes que respondo eu por todo). Os trazos semánticos do sux. son [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento pode non explicitarse, aínda que case sempre adoita estar latente (vgr. grita o que queiras que non vou responder [ás túas provocacións]; se quere ir só ao mar eu non respondo [por el]). Así e todo resulta habitual a presenza dun compl. prepositivo desempeñado por unha fr. prep. de estrutura (a/ de/ por + fr. nom.), que ten como referente unha entidade cos trazos semánticos [± animado] e [± concreto]. Coa primeira estrutura (de + fr.nom.) reflectimos xeralmente unha actitude de seguridade: ‘garantir, certificar algo, dar fe de . . .’; coa segunda (por + fr. nom.) facemos meirande fincapé na actitude de obriga moral e responsabilidade; coa terceira estrutura (a + fr. nom.) incidimos nunha actitude concreta de resposta a algo. De xeito opcional aparece algún ccircunstancial co papel semántico de loc. temporal e espacial (vgr. agora e aquí non respondo diso), modo (vgr. respondeu as súas provocacións con insultos), causa, fin, medio . . . Ás veces tamén se documenta un predicativo do sux. (vgr. responde tranquilo ás súas provocacións). A construción é activa, cun sux. axentivo sobre todo na construción co significado (b), e portador dunha actitude que se traduce nunha determinada maneira de actuar. A construción admite se para indicar sux. indeterminado e úsase moitas veces con negación. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, télico en (b), ás veces habitual e iterativo. - Dous predicados como rirse e burlarse funcionan en construcións que expresan actitude e conduta co significado de ‘mofarse, ter un comportamento de burla de algo ou alguén’: [75] Pasoulle pola cabeza a tentación de medilas cunha cinta métrica, pero ela mesma se riu do disparate (DEUS,133) [76] falabamos todos gallego e riámonos dos que falaban castellano (Pol-Lugo,68) [77] Cando o hai seguro que escapa por outro lado. Por iso se burlou e segue a burlarse de nós (AGOSTO,100) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, sendo o esquema semántico portador de actitude/ conduta-actitude/ conduta-término. O suxeito precede o predicado, posponse a el con facilidade cando é non definido (vgr. dese rímonos todos moi a miúdo). Os trazos semánticos do sux. son [+ humano], [+ concreto], [continuo] ou [+ continuo] vgr. a xente rise de todo, [± común], [+ control]. O complemento é obrigatorio; está representado por unha fr. prep. de estrutura (de + fn), (de + cláus. encabezada por que), (de + cláus. de inf.: ríome de velos como os vexo). O seu referente pode ser un evento cando se trata dunha cláus. ou pode ser unha entidade cos trazos semánticos [± animado], [± concreto], [± continuo], que constitúe o obxecto de burla de alguén. De maneira opcional funcionan ás veces algúns ccircunstanciais con diversos papeis semánticos, entre os que destacan os de modo, comparación e cuantificación (vgr. rise del polo baixo; rinse de vós canto queren), causa, fin (vgr. rise del para fastidialo), locación espacial e temporal, beneficiario, etc. En ocasións tamén funciona un predicativo aludindo ao estado do sux. (vgr. ríase burlón de todos nós). A construción é activa, con sux. axentivo e ten forma pronominal. A presenza de clítico determina o emprego do compl. prepositivo e reforza a presenza do sux. así coma o seu papel de axente portador dunha determinada actitude e conduta. Este feito distingue a construción intransitiva da transitiva, que non utiliza clítico, e nela resulta o compl. directo menos externo e menos distanciado do predicado así coma directamente afectado polo evento sinalado. Por outra banda, non tódalas entidades que funcionan como compl. prepositivo poden aparecer en función de compl. dir.; ás veces pódense intercambiar ambas as dúas construcións, aínda que mantendo as diferenzas de contido, cando o complemento ten detrás un causante ou axente animado con actividade (vgr. rise dos 196 Xosé Soto Andión meus chistes / ri os meus chistes); porén isto non é posible en casos de posesión alienable ou con ausencia de axente animado e con actividade, que faga ou diga o que se indica no complemento (vgr. rise do meu pantalón / *ri o meu pantalón; rise de Vilagarcía porque vén de París / *ri Vilagarcía . . .). Os valores aspectuais son dinámico, atélico, ás veces tamén se refliten outros valores como inceptivo mediante o uso de perífrases (vgr. deuse en rir de ti), intensivo (vgr. moito se burlou de vós), habitual e iterativo. - A forma rosmar rexistrámola en construcións que designan actitude significando ‘emitir sons ou palabras pouco claras un individuo mostrando enfado’. [78] mandoume espir mentres a Garda Republicana se retiraba, rosmando e fedendo a suor (BE,9) O esquema sintáctico é suxeito-predicado, e o esquema semántico portador de actitude-actitude. O suxeito adoita preceder o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento non resulta obrigatorio; moitas veces funciona un ccircunstancial co papel semántico de modo (vgr. cando lle pedín diñeiro rosmaba en voz baixa), cuantificación (vgr. tranquilízate e non rosmes tanto), loc. espacial e temporal, causa, fin . . . Tamén pode aparecer un dativo ou compl. ind. de referente [± animado] co papel semántico de afectado, e en menor medida un predicativo do suxeito. A construción é activa, cun suxeito axentivo que reflite tamén un esquema de tipo actitudinal. Emprégase con frecuencia a negación e a modalidade exhortativa cando un emisor se dirixe a un interlocutor co fin de que non mostre enfado (vgr. tranquilízate e non rosmes tanto). É posible o uso de se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais prototípicos son dinámico, atélico, iterativo e habitual, ás veces intensivo. - Un predicado como teimar aparece en construcións de actitude co significado de ‘obstinarse, porfiar cunha cousa’: [79] Teiman en dicir que o ascenso do nacionalismo que cataliza o Bloque é un simple sarampelo no diagnóstico do Estado (TN6,4) [80] Non teimes tanto con iso (GDXL,1841) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, co esquema semántico portador de actitude-actitude-término. O suxeito acostuma preceder o predicado e posúe os trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento pode non explicitarse, pero a súa presenza adoita quedar latente. Cando aparece está representado por unha fr. prep., posposta ao predicado, de estrutura (en + fr. nom./ cláus.) e (con + fr. nom./ cláus.), tendo como referente un evento ou unha entidade cos trazos semánticos [animado] e [± concreto], que se constitúen en cisma e obsesión dun individuo. Ás veces tamén funciona de maneira opcional un ccircunstancial co papel semántico sobre todo de modo e cuantificación, loc. temporal e frecuencia (vgr. teima niso tódolos días), loc. espacial, causa. A construción admite se para indicar sux. indeterminado. O suxeito ten un carácter máis axentivo ca noutras construcións que tamén designan proceso mental e actitude. Os valores aspectuais son dinámico, atélico, intensivo, ás veces iterativo e habitual. - Un verbo que se rexistra en estruturas de conduta é tropezar cando significa ‘non ter boas relacións, manter diferenzas de opinión, punto de vista, etc. con alguén’: [81] convén non tropezar demasido cos compañeiros de traballo (Forcarei-Pontevedra,34) 197 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo e o esquema semántico portador de conduta-conduta-término. O suxeito adoita preceder o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [control parcial]. O control é parcial por canto que o individuo pode poñer os medios e a vontade para que as relacións cos demais sexan boas, pero inflúen tamén outros factores que poden facer mudar a vontade do suxeito. O complemento pode non se explicitar con sux. plural ou composto (vgr. Xosé e María tropezan [un co outro]). Cando o complemento aparece está representado por unha fr. prep. de estrutura (con + fr. nom./ cláus.), cun referente [+ animado] e [+ concreto], que designa a persoa ou persoas coas que alguén se enfronta ou manten diferenzas. De xeito opcional tamén tende a funcionar algún ccircunstancial co papel semántico de causa, modo, cuantificación (vgr. tropeza moito cos compañeiros polo seu carácter), loc. espacial e temporal, consecuencia . . . A construción sinala un modo de comportarse o suxeito. Admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico e habitual cando os feitos e condutas - desacordo entre persoas - son regulares. Outros valores son intensivo e iterativo (vgr. tropezan moitas veces polo asunto do traballo). - Os verbos vacilar e dubidar son en principio verbos de pensamento e crenza que tamén forman estruturas que expresan actitude cos contidos de ‘manifestar unha actitude de indecisión canto ao modo de actuar’, ‘mostrar unha actitude dubitativa e de dar pouco creto a algo’. [82] O rei extenúase e vacila, e Amaro senta cabo del (MDR,363) [83] vacilou na resolución do problema (Santiago,35) [84] detívose no descanso e quedou mirando para el, dubidou un intre (DEUS,125) [85] Dubido entre ir ó cine ou ó teatro (DRAG,435) [86] Dubido da súa moralidade (GDXL,728) [87] Non dubidou en charmarlle a atención (Santiago,30) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-(ccircunstancial), suxeito-predicado-compl. prepositivo, co esquema semántico respectivo portador de actitude-actitude, portador de actitude-actitudetérmino. O suxeito anteponse ao predicado na orde non marcada e posponse cando o emisor centra a súa atención no complemento (vgr. diso non dubida ninguén). Caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. En contextos figurados rexístranse tamén os trazos [animado] e [concreto]. O complemento non resulta obrigatorio en moitas destas construcións porque queda latente, é coñecido polo contexto ou porque as cláusulas están centradas na actitude vacilante do suxeito sen máis. Nas cláusulas nucleadas por vacilar tende a funcionar un ccircunstancial representado por unha fr. prep., posposta ao predicado, de estrutura (entre + fr. nom/ cláus.), co papel semántico de elección dentro de varias posibilidades que se ofrecen (vgr. vacila entre ir ou quedar); así mesmo poden aparecer outros papeis semánticos como lugar e tempo, cuantificación e modo (vgr. veña, non vaciles tanto), causa (vgr. vacila por medo a se trabucar), fin, consecuencia . . . Noutras construcións con este predicado preséntase un compl. prepositivo (cunha preposición máis próxima ao verbo ca no ccircunstancial) representado por unha fr. prep. de estrutura (en + fr.nom.), cun referente [animado], [± concreto] e [± continuo], sinalando aquel aspecto ou cuestión en que se proxecta unha actitude de vacilación e que en ocasións tamén se constitúe en causa dos feitos sinalados (vgr. vacila na solución do problema → a solución do problema é a causa de que vacile). Nas estruturas nucleadas por dubidar podémonos atopar tamén frecuentemente cun ccircunstancial de estrutura (entre + fr. nom./ cláus.), cos mesmos valores que vimos para vacilar. Con carácter máis marxinal poden funcionar outros ccircunstanciais con papeis semánticos como loc. temporal e frecuencia, modo, loc. espacial, causa, fin . . . Noutras construcións funciona un compl. prepositivo de estrutura (de + fr. nom./ cláus.), 198 Xosé Soto Andión (en + cláusula, sobre todo de infinitivo), que indica o evento ou entidade en que se proxecta a actitude dubitativa. A construción é activa, con sux. axentivo de carácter actitudinal. Admite se para indicar sux. indeterminado. As construcións con dubidar de son recorrentes na modalidade negativa. Os valores aspectuais son dinámico - de tipo psíquico -, atélico, télico se non existe duración (vgr. dubidou un instante e actuou), ás veces intensivo, habitual e iterativo. - Xogar é un verbo que admite tamén unha lectura como predicado de construcións de conduta que significan ‘non ser serio con algo ou con alguén’: [88] non a someterían durante ese tempo a todo tipo de aldraxes e torturas, nin xogarían con ela como xogaron naquel lugar maldito e abandonado (AGOSTO,12) [89] que mire ben, con nós que non xogue, que lle pode salir caro (Forcarei-Pontevedra,70) O esquema sintáctico é suxeito-predicado-compl. prepositivo, cun esquema semántico portador de conduta-conduta-término. O suxeito adoita preceder o predicado e caracterízase polos trazos semánticos [+ humano], [+ concreto], [± común], [+ control]. O complemento resulta obrigatorio, e está representado por unha fr. prep. de estrutura (con + fr.nom./ cláus.), posposta ao predicado ou anteposta en estruturas marcadas, cun referente que pode ser [+ animado], [± humano], ou [animado], [concreto] vgr. non xogues cos meus sentimentos, e que sinala o individuo afectado e/ ou a entidade que se constitúe en obxecto de broma ou de trato pouco serio. A construción ten carácter activo, reflite asemade a actitude e o modo de proceder dun individuo con algo ou alguén. Resulta frecuente con negación e utilízase en moitos casos no modo imperativo (vgr. non xogues con quen non debes, que te podes arrepentir). Admite se para indicar sux. indeterminado. Os valores aspectuais son dinámico, atélico; tamén pode ser intensivo, iterativo e habitual. 5. Conclusións A partir da anterior exposición podemos tirar as seguintes conclusións: i) Do total de construcións que abordamos, as de actitude son as máis numerosas. O reparto é o seguinte: un 58 % son predominantemente de actitude, un 25 % amosa actitude e conduta, e o 17 % restante son estruturas en que destaca o significado de conduta ou comportamento. ii) Documéntanse tanto na fala coma na escrita, sen que polo momento poidamos establecer unha cuantificación clara a favor dun maior uso nunha ou noutra, pois en moitas ocasións a procedencia literaria dun exemplo non significa que non sexa empregado na fala, como se sabe os escritores e os dicionarios reproducen moitas veces mostras da lingua oral. iii) As construcións intransitivas de actitude e conduta teñen tanto predicados pronominais coma non pronominais. Unha alta porcentaxe está no primeiro caso. iv) Nestas estruturas o suxeito adoita manter a orde normal de anteposicón ao predicado e estar implícito, aínda que tampouco faltan casos de posposición. Son de maneira prototípica animados e humanos, pois as actitudes aplícanse 199 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego de xeito maioritario ao xénero humano e as condutas a humanos e non humanos. Isto implica que os suxeitos destas cláusulas teñan en xeral control. Son tamén suxeitos activos, aínda que o grao de actividade varía bastante duns a outros. Nas construcións de conduta hai máis actividade ca nas de actitude, e dentro destas existen estruturas de actitude que levan emparellado algún tipo de acción que, en ocasións, pola súa vez supón conduta. v) Trátase de construcións biargumentais e monoargumentais. As máis rexistradas son as biargumentais cuxa segunda función sintáctica é a de complemento prepositivo. vi) As construcións con complemento xeralmente móstrano como obrigatorio e introducido por algún tipo de preposición.Ademais do carácter pronominal de moitos destes predicados seguidos de complemento, a construción admite a miúdo outro clítico para indicar suxeito e/ ou axente indeterminados. vii) Os valores aspectuais máis recorrentes son os de dinámico e atélico (expresando algún tipo de duración e en xeral de pouca dinamicidade ou de dinamicidade psíquica, tamén chamada proceso mental, cfr. Cano 1987: 46s.; A. Mendes 2002: 21s.). Algunha construción manifesta máis ben estatividade. Moitas admiten tamén variantes de valor intensivo, iterativo e de hábito. En definitiva, dende estas conclusións, o paso seguinte sería establecer comparanzas e contrastes con outras linguas, para extraer datos que nos permitan poñer de relevo máis diferenzas e puntos en común entre os distintos romances canto aos seus resultados actuais, interferencias e distintos procesos estruturais en marcha. Santiago de Compostela Xosé Soto Andión Bibliografía 1. Corpus 1.1 Lingua oral Castro, X. M. 1986: O galego en Queizán (O Corgo), tese de licenciatura, Universidade de Santiago, Facultade de Filoloxía Fernández Rei, F./ Hermida, C. (ed.) 1996: A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela Soto Andión, X. 1993-99: Gravacións (60 horas), material inédito transcrito procedente de diferentes lugares de toda Galicia Vázquez-Monxardín, A. (coord.) 1992: A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade. Unha experiencia de recollida en Centros de Ourense, Santiago, Tui e Viveiro, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela Vidal, A. 1994: Contribución ó estudio do léxico de Loureiro (Cotobade), tese de licenciatura: Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía 200 Xosé Soto Andión 1.2 Lingua escrita 1.2.1 Literatura [EBO] Caneiro, X. C. (2000): Ébora, Vigo [DEUS] Casares, C. 1998: Deus sentado nun sillón azul, Vigo [AGOSTO] Fernández Ferreiro, X. 1991: Agosto do 36, Vigo [MFB] Iglesias, B. 1999: O mellor francés de Barcelona, Vigo [ARR] Méndez Ferrín, X. L. 1987: Bretaña, Esmeraldina, Vigo [BE] Méndez Ferrín, X. L. 1991: Arraianos, Vigo [OCP] Rivas, M. 1991: Os comedores de patacas, Vigo [ESC] Rivas, M. 1995: En salvaxe compaña, Vigo [MDB] Vázquez Pintor, X. (2001): A memoria do boi, Vigo [OCT] Xohán Cabana, D. 1994: O cervo na torre, Vigo [MDR] Xohán Cabana, D. 1996: Morte de Rei, Vigo 1.2.2 Xornais e revistas [OCG] Xornal O Correo Galego de 25/ 11/ 1998, 04/ 02/ 1999, 3/ 03/ 1999, 04/ 03/ 99, 11/ 03/ 99 [TN] Revista Tempos Novos, números 1 (1997), 4 (1997), 5 (1997), 6 (1997), 12 (1998), 17 (1998), 20 (1999), Santiago de Compostela 1.2.3 Dicionarios [GDXL] Carballeira, X. M. (coord.) (2000): Gran diccionario Xerais da lingua, Vigo [DRAG] García, C./ González, M. (dir.) 1997: Diccionario da Real Academia Galega, A Coruña/ Vigo [DRAE] Real Academia Española 2001: Diccionario de la lengua española, Madrid 2. Lingüística Álvarez, R./ Xove, X. 2002: Gramática da lingua galega, Vigo Araújo, S. 2001: «Le passif dans le système des voix du français et du portugais», in: A. Veiga/ V. Longa/ J. Anderson (ed.), El verbo entre el léxico y la gramática, Lugo: 19-30 Baker, C. 1992: Attitudes and language, Multilingual Matters, Clevedon/ Bristol/ Adelaide Badia i Margarit, A. M. 1995: Gramàtica de la llengua catalana, Barcelona Baltin, M. 2001: «A-movements», in: M. Baltin/ C. Collins (ed.), The handbook of contemporary syntactic theory, Oxford: 226-54 Bello, A. 1984: Gramática de la lengua castellana, Madrid Bertinetto, P. M./ Delfitto, D. 2000: «Aspect vs. actionality: why they should be kept apart», in: O. Dahl (ed.), Tense and aspect in the languages of Europe, Berlin/ New York: 189-226 Borer, H. 2004: Structuring sense, Oxford Cano Aguilar, R. 1987: Estructuras sintácticas transitivas e intransitivas en el español actual, Madrid Cidrás, F. A. 2003: «Alternancias transitivo-intransitivo e formación de predicados en galego», Verba 30: 81-115 Comrie, B. (1989): Universales del lenguaje y tipología lingüística, Gredos, Madrid Croft, W. (2001): Radical Construction Grammar, Oxford University Press, New York Cunha, C./ L. F. Lindley Cintra 1984: Nova gramática do português contemporâneo, Lisboa Dik, S. C. 1997: The theory of functional grammar, Berlin Dimitrova-Vulchanova, M. 1999: Verbs semantics, diathesis and aspect, München D’Introno, F. 2001: Sintaxis generativa del español. Evolución y análisis, Madrid Dixon, R. M. W/ Aikhenvald,A. Y. 2000: Changing valency. Case studies in transitivity, Cambridge Eagly, A. H./ Chaiken, S. 1998: «Attitude structure and function», in: D. T. Gilbert/ S. T. Fiske/ G. Lindzey (ed.), Handbook of social psychology, vol. 1, Boston: 269-322 201 Construcións intransitivas de actitude e conduta en galego Freixeiro, X. R. 1999: Gramática da lingua galega III. Semántica, Vigo Freixeiro, X. R. 2000: Gramática da lingua galega II. Morfosintaxe, Vigo García, C./ González, M. (dir.) 1997: Diccionario da Real Academia Galega, A Coruña/ Vigo Givon, T. 1990: Syntax II. A functional typological introduction, Amsterdam Goldberg, A. E. 2003: «Constructions: a new theoretical approach to language», Trends in cognitive science, 7/ 5: 219-23 Hale, K./ Keyser, S. J. 2002: Prolegomenon to a theory of argument structure, Cambridge/ Massachusetts Halliday, M. A. K. 1994: An introduction to Functional Grammar, London Jackendoff, R. 1990: Semantic structures, Cambridge/ Massachussets Kay, P. 1997: Words and the grammar of context, Stanford Langacker, R. W. 1991: «Cognitive grammar», in: F. Droste/ J. Joseph (ed.), Linguistic theory and grammatical description, Amsterdam: 275-306 Lapiere, R. T. 1967: «Attitudes versus actions», in: M. Fishbein (ed.), Readings in attitude theory and measurement, New York: 26-31 Lazard, G. 1998: «Definition des actants dans les langues européennes», in: J. Feuillet (ed.), Actance et valence dans les langues de l’Europe, Berlin/ New York: 11-146 Lyons, J. 1993: Introducción al lenguaje y a la lingüística, Barcelona Lyons, J. 1997: Semántica lingüística, Barcelona Mateus, M. H. Mira/ Brito, A. M./ Duarte, I./ Hub Faria, I. 2003: Gramática da língua portuguesa, Lisboa Mendes, A. 2002: «Uma análise dos verbos psicológicos com base nos dados de um corpus: regularidade, variaç-o e polissemia verbal», in: I. Duarte/ J. Barbosa/ S. Matos/ T. Hüsgen (ed.), Encontro comemorativo dos 25 anos do centro de linguística da Universidade do Porto, vol. 1, Porto: 21-34 Miguel, E. de 1999: «El aspecto léxico», in: I. Bosque/ V. Demonte (ed.), Gramática descriptiva de la lengua española, vol. 2, Madrid: 2977-3060 Morales, F. et al. 1994: «Actitudes», in: F. Morales (coord.), Psicología social, Madrid: 495-621 Perloff, R. M. 2003: The dinamics of persuasion. Communication and attitudes in the 21 st Century, New Jersey Posner, R. 1998: Las lenguas romances, Madrid Rae 1983: Esbozo de una nueva gramática de la lengua española, Madrid Renzi, L. 1982: Introducción a la filología románica, Madrid Rey, A./ Rey-Debove, J. (dir.) 1991: Le Petit Robert, Paris Saco e Arce, J. A. 1967: Gramática gallega, Lugo/ Ourense Sánchez López, C. (ed.) 2002: Las construcciones con se, Madrid Soto andión, X. 2002: «Unha posible base de datos para analiza-la intransitividade no galego actual», in: X. L. Regueira/ A. Veiga (ed.), Da gramática ó diccionario. Estudios de lingüística galega, Verba anexo 49: 279-91 Thieroff, R. 2000: «On the areal distribution of tense-aspect categories in Europe», in: O. Dahl (ed.), Tense and aspect in the languages of Europe, Berlin/ New York: 265-305 Van Valin, J. R./ Lapolla, R. J. 1997: Syntax. Structure, Meaning and Function, Cambridge Vilela, M. 1999: Gramática da língua portuguesa, Coímbra 202 Xosé Soto Andión