Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2005
641
Kristol De StefaniGünther Haensch/Carlos Omeñaca, Los diccionarios del español en el siglo XXI, 2ª edición, Salamanca (Ediciones Universidad) 2004, 398 p.
121
2005
Xosé Soto Andión
vox6410374
go de Chile, Concepción, Temuco, Asunción, Montevideo, Salta, Tucumán und Buenos Aires). Die fünf Zonen 2-6 entsprechen im Prinzip den in fünf aufeinanderfolgenden Etappen kolonisierten Gebieten. Auffällig ist zudem die geographische Kohärenz innerhalb der einzelnen Gruppen: in keiner der erwähnten Zonen tauchen Städte auf, die geographisch nicht benachbart sind. Städte, die zu demselben Land gehören, neigen dazu, eine konvergente Gruppe innerhalb jeder Region zu bilden - die Schlussfolgerung «lo que nos asegura la eficacia de esta clasificación» (226) scheint mir allerdings eher ein Zirkelschluss. Dass die sprachlichen Grenzen in Hispanoamerika auf der lexikalischen Ebene ebenso wenig wie auf der phonetisch-phonologischen und auf der morphosyntaktischen Ebene mit den Staatsgrenzen übereinstimmen, ist seit langem bekannt. Man kann «por lo menos seis tipos diatópicos de elementos léxicos» unterscheiden: panhispanische, d. h. in ganz Süd- und Mittelamerika sowie in Spanien verbreitete Elemente, Elemente mit nationaler Reichweite, solche mit supranationaler, aber nicht pan-hispanischer Reichweite, Elemente, die auf ein bestimmtes Gebiet innerhalb eines Staates beschränkt sind, solche, die in zwei Regionen zweier Staaten vorkommen sowie Mischformen (z. B. Elemente, die in einem Land überall, in einem anderen Land aber nur in bestimmten Regionen gebraucht werden) 4 . Einige lexikalische Einheiten kommen in mehreren Zonen vor, aber mit denotativen oder konnotativen Unterschieden. Es ist das große Verdienst der vorgestellten, mit immensem Aufwand betriebenen Projekte, nicht nur einen enorm wichtigen Beitrag zur detaillierteren Erforschung des lateinamerikanischen Wortschatzes zu leisten, sondern darüber hinaus auch in theoretisch-methodologischer Hinsicht neue Akzente zu setzen. Yvonne Stork ★ Günther Haensch/ Carlos Omeñaca, Los diccionarios del español en el siglo XXI, 2ª edición, Salamanca (Ediciones Universidad) 2004, 398 p. Temos perante nós a segunda edición dun libro que viu a luz por primeira vez en febreiro de 1997, gozando de grande aceptación entre os lectores interesados no tema da lexicografía. É unha obra destinada a un público variado. Dunha banda, aos estudantes e aos profanos, a quen lles serve de orientación para adquirir e saber manexar un dicionario con tino e acerto. Doutra banda, aos profesores e especialistas, a quen lles é moi valioso para abordaren e coñeceren os aspectos descritivos e prescritivos do léxico así como a adecuada confección de dicionarios. O bo coñecemento do léxico procedente do español de América, do que G. Haensch é recoñecido especialista, outorga a esta obra un mérito engadido que contribúe a cualificala de imprescindible. O libro estrutúrase formalmente en sete grandes capítulos. O primeiro capítulo son os prólogos ás dúas edicións publicadas. O segundo móstranos unha interesante e amena introdución á lexicografía, dende os puntos de vista histórico, teórico e práctico. O terceiro aborda os distintos tipos de obras lexicográficas: a súa clasificación, os diferentes modelos de dicionarios, as finalidades que teñen, os variados repertorios lexicográficos, os dicionarios do español de América, etc. O capítulo cuarto trata a crítica de dicionarios: avaliación 374 Besprechungen - Comptes rendus 4 Cf. K. Zimmermann, «El fin de los diccionarios de americanismos. La situación de la lexicografía del español de América después de la publicación de los Diccionarios contrastivos del español de América», Revista Internacional de lingüística iberoamericana 1 (2003): 71-83 (81). formal e de contidos, tipografía, ilustracións . . . O capítulo quinto fórmano as conclusións. Por último, o capítulo sexto amosa unha bibliografía de publicacións metalexicográficas e o sétimo un rexistro de materias. Entre os dous últimos capítulos convén destacar a presenza dun anexo de consellos prácticos para mercar dicionarios, do que todo lector pode tirar proveito. Canto ao contido, comentaremos deseguido só algúns aspectos dos moitos que nos chamaron a atención mentres realizabamos a lectura, sempre grata e entretida. Un tema do que escriben os autores é o da boa formación de lexicógrafos para a elaboración de dicionarios (30s.). Por desgraza moitos dos que escriben dicionarios nin sequera son lexicógrafos, de aí que o seu proceder sexa o de copiar artigos dos repertorios precedentes mudando algúns termos das definicións ou reorganizando as acepcións (agrupándoas ou subdividíndoas máis). O resultado é ou un empeoramento da obra precedente ou unha ausencia de novas achegas no que se refire á calidade das definicións e á técnica lexicográfica empregada, pois entenden a elaboración de dicionarios como un proceso de acumulación de palabras. No referente a dicionarios elaborados con «grande entrega e entusiasmo», coma o de E. Littré ou Francesc de B. Moll, é verdade que hoxe non resulta ser a práctica habitual por seren as academias da lingua, universidades e editoriais privadas as que xeralmente se encargan de preparalos. Nunha lingua coma o galego é ben coñecido o caso do Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez, quen dedicou a vida completa a redactar el só os tres tomos desta obra. En relación cos distintos organismos que se centran na elaboración de dicionarios, en Galicia podemos destacar para a lingua galega entidades como a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, que prepararon e están a preparar dicionarios monolingües, repertorios léxicos variados, tesouros e atlas lingüísticos (sobre todo de morfoloxía e léxico), entre outros proxectos. No tocante a servirse de exemplos da lingua falada, procedentes de córpora, para a elaboración de dicionarios, conforme se menciona na p. 37s., constatamos que é un feito que vai en aumento. Definir a partir dos exemplos extraídos dun corpus e dos usos reais da lingua outorga ao dicionario unha maior proximidade ao lector así coma meirande rigorosidade e cientifismo. Un tema que se ten discutido moitas veces é o da introdución de ilustracións nos dicionarios. Nós somos partidarios do seu emprego. Os dicionarios académicos adoitan ser nesta cuestión moi sobrios e adustos. As ilustracións deberían de utilizarse en todos os dicionarios, preferentemente con aquelas definicións que resultan de complicada explicación e de difícil compresión para o usuario, como por exemplo termos relacionados coa flora, coa vida mariña, con certos elementos das tecnoloxías, etc. En relación cos distintos dicionarios de conxugacións citados na p. 140, e que non son do castelán, poderiamos nomear para o galego un que ten certo uso entre os estudantes, titulado Diccionario dos verbos galegos da editorial Edicións do Cumio. Outro tema que se aborda neste libro é o da gramática e o réxime preposicional nas entradas. Dende hai anos escríbese bastante sobre a información gramatical contida nos dicionarios; en que medida ha de estar ou non presente neles, que tipo de información debe ser (sintética, analítica, convencional . . .), que función ha desempeñar (clarificar, complementar . . .), a que lectores vai dirixida (usuario común, culto, especialista), etc. Porén, resulta menos frecuente que se dea esta información non tanto referida a aspectos morfolóxicos e gramaticais como a cuestións relativas á construción ou estrutura oracional. Consideramos que a presenza destes datos nos artigos é fundamental tanto en dicionarios monolingües coma nos bilingües pensados para estranxeiros; por iso se deberían introducir esquemas sintácticos e semánticos, pois sendo contidos especializados non o son moito máis 375 Besprechungen - Comptes rendus cós proporcionados polas etiquetas tr. (transitivo), intr. (intransitivo), refl. (reflexivo) para usuarios non lingüistas. Así e todo, esta información gramatical e de réxime non priva de que tamén poidan existir no mercado dicionarios de construcións stricto sensu que a desenvolvan de xeito máis extenso e profundo. En ocasións os autores realizan interpretacións subxectivas dos dicionarios aquí comentados, que poderían semellar opinións persoais máis ca crítica obxectiva.Amais disto, o feito de citar títulos implica o risco de que sempre se cometan inxustizas por omisión. En definitiva, lendo este libro poderiamos dicir que existen dicionarios de case todo e para case todo. O usuario ten agora un importante abano de posibilidades para escoller e de criterios para aplicar. Agardamos que os autores nos sigan agasallando no futuro con novas e actualizadas edicións desta magnífica obra. Xosé Soto Andión ★ Henk Vanhoe, Aspectos de la sintaxis de los verbos psicológicos en español. Un análisis léxico-funcional, Frankfurt am Main (Lang) 2004, XII + 344 p. (Studien zur romanischen Sprachwissenschaft und interkulturellen Kommunication 14) La obra es una revision de la tesis del autor y a juzgar por lo que en este libro nos ofrece, el trabajo realizado para obtener el grado de Doctor ha sido excepcional, de ahí que merezca nuestro reconocimiento más loable. Estamos ante un estudio sincrónico de los verbos psicológicos en español. Aparece formalmente estructurado en siete grandes apartados o capítulos, además de la conclusión. El primer capítulo es el marco teórico en que el autor encuadra el análisis que realiza de estos verbos, en este caso una versión lexicalista de la teoría generativa, que es la Gramática Léxica Funcional, enfocada hacia las correspondencias entre los papeles temáticos de los argumentos del predicado y las funciones gramaticales. Se trata de un tipo de gramática que actúa no tanto por derivaciones o transformaciones (aunque algo de esto también hay al hacer derivar las funciones gramaticales de los distintos papeles temáticos) poniendo en relación estructura superficial y estructura profunda, muy en la línea de Chomsky, sino por paralelismos, tomando como base estructuras paralelas de la lengua. Es una gramática de carácter funcional, dado que sus primitivos son funciones gramaticales, y una gramática léxica porque entiende que parte de la información gramatical de una construcción está contenida en los elementos léxicos de la misma. El segundo capítulo aborda los principales estudios sobre los verbos psicológicos realizados por destacados lingüistas que se han aproximado a esta cuestión. A partir de aquí, el autor se centra en los trabajos de Postal (1971), Brekke (1976), Ruwet (1972, 1993, 1995), Perlmutter (1984), Belletti/ Rizzi (1987), Grimshaw (1994), Pesetsky (1995) y Bouchard (1995). En el tercer capítulo se establece una tipología para los verbos psicológicos y se delimitan las clases de temer, preocupar, agradar, desconfiar, arrepentirse y aficionar. Para ello, el autor toma como base la clasificación tradicional, sirviéndose además de criterios sintácticos y semánticos, a los que suma los resultados obtenidos por distintos especialistas. Nociones como la pasividad, la causatividad y la intencionalidad se vuelven relevantes para el análisis de estos verbos. El siguiente capítulo se centra en la caracterización aspectual de los verbos psicológicos en lo que se refiere fundamentalmente a su carácter estativo o dinámico. Para ello maneja diferentes pruebas formales. El capítulo quinto presenta la estructura de los verbos objeto de análisis, es decir, la determinación de los papeles temáticos y la correspondencia entre estos papeles y las funcio- 376 Besprechungen - Comptes rendus