Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2006
651
Kristol De StefaniRosario Álvarez/Henrique Monteagudo (ed.), Norma lingüística e variación, Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega/Instituto da Lingua Galega) 2004, 436 p.
121
2006
Xosé Soto Andión
vox6510265
suelta la cuestión del orden de las acepciones. Basándose en un esquema taxonómico, el orden «lógico» de acepciones refleja ese fenómeno semántico; además, tiene su origen en la naturaleza de las lenguas y en la capacidad cognoscitiva de los seres humanos. Se deduce que el orden de las acepciones es de carácter cognoscitivo, aunque ignoremos si se trata de un esquema estático de almacenamiento o de un proceso interpretativo. Hasta aquí hemos revisado el meollo de las principales disquisiciones, los fundamentos lingüístico-metodológicos de las concepciones científicas y, en definitiva, las conclusiones lexicográficas que vertebran estos ensayos redactados por Lara en diferentes momentos. Esto no es óbice para que compartan el mismo rigor, coherencia y alcance intelectual. Demuestran bien a las claras que su autor practica un método lexicográfico impecable, acompañado siempre de la reflexión teórica. Sus preocupaciones científicas persiguen objetivos realistas y certeros, formulados a partir de datos verificables. Los argumentos se exponen con admirable precisión. Cada ensayo ha demostrado la imparcialidad del autor y la persecución tenaz de la verdad científica, sin pereza ni desaliento, pese al camino largo y sin desbrozar. Además, Luis Fernando Lara es un lingüista circumspecto, ameno, con agudeza para revisar críticamente los pilares más antiguos. Airea cada asunto sin retórica estéril, con una maestría garcilasiana, con la elegancia de un tratadista clásico que domina el metalenguaje pero que escribe con voluntad de estilo, transformando el discurso cientifico en pulida pieza de orfebrería. Nadie busque en estos ensayos una lexicografía de gabinete, pues condensan la experiencia de numerosos días laborables enfrentado a la tarea de definir vocablos y perfiles significativos 1 . Cada página impresa derrocha claridad expositiva, lucidez y distancia en el análisis. En todo momento sobresale la objetividad de quien revisa a conciencia los cimientos de la lexicografía y bastantes axiomas de la lingüística contemporánea más reciente, con materiales de primera mano y originales hipótesis. Son páginas impregnadas de reflexiones hondas, sin concesiones de ningún tipo que solo buscan la verdad y la difusión de un magisterio, que resulta impagable. Manuel Galeote ★ Rosario Álvarez/ Henrique Monteagudo (ed.), Norma lingüística e variación, Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega/ Instituto da Lingua Galega) 2004, 436 p. Esta obra xorde das ponencias presentadas no simposio Variación e prescrición, organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela en novembro e decembro de 2003. Conforman un total de dezanove traballos que recollen contribucións de lingüistas do eido da filoloxía galega e experiencias de destacados especialistas que participaron na redacción de gramáticas doutras linguas peninsulares coma o portugués, 265 Besprechungen - Comptes rendus 1 En las aristas de cada vocablo se acantonan perfiles nuevos. A menudo, una línea maestra o un rayo de luz cincelan las acepciones. Al mirar por vez primera, construiremos significados que naturalmente se tornarán obsolescentes enseguida. Por supuesto, no hospedaremos en el diccionario fotos movidas ni borrosas. Sin embargo, a medida que se alfabetizan las palabras, las definiciones van adquiriendo - inexorable y fatalmente - su característico color sepia: Fuera del diccionario, ahora los caballos del carro galopan sin bridas ni espuelas; no chirrían las llantas de magnesio sin ejes; el gato (la gata) ni resuella en el maletero (la maletera, la cajuela). Hay vacas lecheras que giran tres veces al día en un carrusel informatizado mientras un racimo de ventosas y tubos esterilizados ordeñan el soporte para el ácido omega 3 y el calcio. ¿Qué se hizo de la herrada de Nebrija? ¿Y del buen ordeñador, cuyas manos acariciaban la ubre mientras una voz amiga saludaba al animal? ¿Corren malos tiempos para una lexicografía que no sea histórica? castelán ou catalán. Lendo os traballos é doado comprobar que a elaboración de modelos de lingua e a existencia de diversidade lingüística vén suscitando dende hai tempo debates e problemas que os estudosos poñen de manifesto e tentan coas súas achegas axudar a resolver. Os temas que se desenvolven nos respectivos capítulos son a grandes trazos os seguintes: - As relacións entre a norma e a gramática descritiva, tomando como principal referente a obra Gramática descriptiva de la lengua española. - As posturas tomadas en relación coa descrición e a norma lingüística na Gramàtica del català contemporani. - Os problemas da norma lingüística e da descrición gramatical en portugués a través da Nova gramática do português contemporâneo e da Gramática da língua portuguesa. - O proxecto de gramática galega da Real Academia Galega: lindes da codificación e da descrición e tratamento dado á variación. - O proceso de construción dun modelo de galego oral: conflitos e alcance da codificación. Aposta por un purismo que non sirva de pexa aos neofalantes. - O estándar prosódico e o labor realizado na descrición prosódica do galego. - As maiúsculas e minúsculas: criterios de uso e propostas para o galego. - A acentuación gráfica das interrogativas indirectas e as confusións derivadas das denominadas pseudointerrogativas. - O galego escrito entre os anos 1950 e 1982: variedades ortográficas e codificación ortográfica. - O debate codificatorio do galego entre 1980 e 2000 dende as distintas correntes, denominadas polo autor autonomista, reintegracionista e lusofonófila. - O sufixo -nte: descrición e alternancias -ente/ -ínte nos adxectivos rematados neste sufixo en galego. - O diminutivo como morfema modificador de palabras en galego, características dos principais grupos de substantivos e adxectivos á hora de o empregaren. - A converxencia e diverxencia dalgunhas estruturas morfolóxicas e sintácticas entre galego e castelán a partir das mostras recollidas a alumnos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. - Os problemas das construcións de relativo canto a prescrición dos seus usos e emprego de nexos. - As construcións verbais (ter + participio; infinitivo flexionado; ter de + infinitivo) que presentan dúbidas no que se refire a corrección e prescrición de certos usos. - O tratamento dado á sintaxe na gramática tradicional e a proposta de actuación para as gramáticas actuais tanto dende o punto de vista descritivo (o maioritario) coma prescritivo (o minoritario). - A especificidade da variación sintáctica, marxe de aceptabilidade para a variación e límites impostos á integración de variantes no estándar. - A reflexión teórica verbo da variación sociolingüística, do uso, da norma e do galego estándar. A partir de aquí, calquera estudoso poderá coñecer algúns dos principais problemas cos que anda a lidar a lingüística galega. As discusións sobre da descrición do sistema e da selección de variantes para achar unha lingua padrón levan ocupando o labor cotiá de especialistas dende hai algúns anos. Os avances acadados e os retos que quedan por atinguir nas diferentes disciplinas lingüísticas son constatados ben ás claras polas publicacións que integran este manual. Neste sentido, son moi proveitosas as experiencias que poidan achegar investigadores doutras linguas coma os que foron convidados, mesmo poderían ter tido cabida aínda máis 266 Besprechungen - Comptes rendus especialistas pertencentes a outras linguas europeas, que permitisen enriquecer, contrastar e discutir diversas aplicacións e puntos de vista. Tendo isto en conta o volume adquire unha dimensión que ultrapasa os lindes da propia lingüística galega e vólvese relevante para aquelas lingüísticas que coma a nosa estean atravesando vicisitudes similares. Se describir é unha actividade tecnicamente complexa, prescribir faise difícil polo que carreta de prestixio para a variedade seleccionada e de desprestixio para as non seleccionadas. A idea de prestixio vai moi ligada á norma lingüística e á lingua estándar. Os mesmos falantes teñen un ideal de lingua que elixen como o mellor e que valoran como o máis fermoso. Aínda así, de facermos unha enquisa por todo o territorio galego chegariamos a comprobar que a lingua común, padrón, estándar non sería a mesma para todos: o que para algúns pode ser culto, correcto e aceptable para outros será inculto, incorrecto ou inaceptable. En galego existe un modelo socialmente admitido que é o das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982; 2003 revisadas) elaboradas pola Real Academia Galega e polo Instituto da Lingua Galega. Este modelo, contestado por certos sectores minoritarios que propoñen achegamentos á lingua irmá, o portugués, pódese dicir que triunfou. Pero aínda non está completo, como ben sinalan algunhas das conferencias recollidas na obra da que estamos a falar, por iso o galego continúa en fase de lograr un estándar concluído, fase que vai parella á dunha descrición o máis ampla posible do sistema. Doutro punto de vista, se nos cinguimos a ámbitos como pode ser o da lingüística diatópica, o estudo das variedades acada un rigor, cantidade e profundidade equiparable ao realizado en moitas linguas da nosa contorna. Tamén o coñecemento da variación sociolingüística viu un pulo que moitas outras linguas de bastante máis tradición científica non experimentaron. Isto significa que se conta con datos para encarreirar un estándar definitivo e acabado que os usuarios demandan. A sociedade galega e todas as sociedades en xeral procuran un modelo de lingua, sen imposicións dogmáticas, pero tamén sen ralentizacións e demoras inescusables. Convén lembrar que en Galicia os gobernos autonómicos non souberon investir adecuadamente os orzamentos destinados a políticas lingüísticas para subsanar esta e outras eivas. A descrición da lingua pode ser tarefa de lingüistas, pero os procesos de estandarización e difusión dunha norma entran tamén a formar parte das políticas que os gobernos contribúen a modelar sobre a lingua. Canto ao uso de maiúsculas e minúsculas, as Normas ofrecen unhas pautas básicas que seguramente conveña puntualizar e ampliar; mais debemos ter cautela, pois o emprego de maiúsculas e minúsculas encaixa nas dimensións da ortografía máis ou menos básica que debe aprender calquera escolar ou usuario da lingua, o que significa que propostas demasiado exhuberantes non adquirirán transcendencia fóra dos rexistros académicos, serán tan inútiles coma o caos e a arbitrariedade que ás veces reina nos escritos, dado que o usuario nunca será quen de asimilar longas casuísticas que, malia o seu rigor e boa intención, endexamais son completas de todo e sempre reflicten algunha incongruencia. Por último, botamos en falla máis páxinas sobre a variación en sintaxe. Ao contrario do que decote se afirma en relación co feito de que os problemas de variación e prescrición na sintaxe son restrinxidos, temos que dicir que a variación en sintaxe é moi rica e complexa, con numerosos puntos escuros que convén clarexar para prescribir e estandarizar. Poderiamos citar, así a fume de carozo, os seguintes: as variacións entre dativo e acusativo nas construcións causativas; as alternancias preposicionais con verbos rexentes (cales son +/ - correctas e normativas nos abondosos casos de vacilación? ); as variacións na orde de elementos da clásula: suxeito e complementos (existen dúbidas que a norma aínda non resolveu); as variacións e modelos máis aceptables xurdidos da relación entre estrutura prosódica, informativa e sintáctica; a variación e prescrición na marcación de certas funcións coma o complemento directo e preposicional, etc. 267 Besprechungen - Comptes rendus Así pois, calquera lector que queira bucear na problemática tarefa da descrición e prescrición de linguas así coma nas pescudas dos seus difusos lindes ha de se deter nas recomendables páxinas deste interesante volume. Xosé Soto Andión ★ Gabrielle Knauer/ Valeriano Bellosta von Colbe (ed.), Variación sintáctica en español. Un reto para las teorías de la sintaxis, Tübingen (Niemeyer) 2005, 232 p. A miúdo estamos afeitos a nos atopar con traballos ben de corte funcionalista ben de corte xenerativista en volumes monográficos fechados e reservados en exclusiva a participantes desta ou daquela teoría. Este tendencia rómpea a obra que aquí presentamos. Trátase dun libro que amosa un feliz encontro de investigacións tanto de carácter funcionalista coma xenerativista, que permiten ao lector especializado profundar no suxerente tema da variación sintáctica dende unha perspectiva metodolóxica e teórica tamén variada. Os contidos que se abordan son de moita actualidade, pero non por iso definitivamente resoltos, como acontece cos das variantes posicionais - que por veces oscilan entre a opción e a incorreción - referidas á posición do suxeito e dos complementos. Calquera lingüista que goste da sintaxe gozará coa súa lectura. Os temas tratados expoñen a variación sintáctica dende as seguintes perspectivas de investigación: - A lingüística de corpus e a gramática xenerativa. - A orde de palabras e a estrutura informativa: posición do suxeito, posición dos complementos directo e indirecto nas construcións ditransitivas. - As relacións entre a estrutura prosódica, informativa e sintáctica. - A variable prosódica foco e a súa relación coa sintaxe. - Os problemas da codificación variable das funcións sintácticas. - A cuestión do suxeito nulo fronte ao expletivo. - A perspectiva histórica da gramaticalización do acusativo preposicional, é dicir, a variación na marcación do complemento directo (Ø/ a). - A problemática que atinxe ás formas pronominais le/ les, la/ las, lo/ los como marcadores da función de complemento indirecto, así coma o leísmo en castelán en contornas sintácticas que o favorecen. - A expresión de funcións non argumentais en relación cos pronomes le/ les. - As oracións copulativas e a función sintáctica de atributo: variación ser/ estar. - A presenza/ ausencia de preposición de con verbos de réxime preposicional (queísmo): acordarse, preocuparse, sorprenderse . . . Aínda que os artigos toman como base de estudo a lingua española, os casos e problemas que tratan son dunha dimensión universal e convértense en repaso obrigado para calquera lingüista, con independencia da lingua na que centre as súas pescudas científicas. O feito de conxugar distintas correntes teóricas parécenos un acerto porque o lector adquire unha perspectiva múltipla do obxecto de análise (neste caso a variación sintáctica) que enriquece os seus coñecementos e amplía as súas posibilidades de actuación sobre este obxecto. É verdade que a preocupación pola variación sintáctica non é algo totalmente novo, pero esta multiplicidade de enfoques e as reflexións metodolóxicas presentadas son menos coñecidas (por exemplo, na lingüística están pouco analizadas as relacións entre prosodia e sintaxe). Outro aspecto que non deixa de chamar a atención é a oposición entre gramática funcional e xenerativa no tocante ao manexo de córpora. O rexeitamento que fai o xenerati- 268 Besprechungen - Comptes rendus
