eJournals Vox Romanica 67/1

Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2008
671 Kristol De Stefani

R.Álvarez/F.Dubert/X. Sousa, Lingua e territorio, Santiago de Compostela (Instituto da Lingua Galega/Consello da Cultura Galega) 2006, 527 p.

121
2008
Xosé  Soto Andión
vox6710361
Como valoración global podemos concluir que se trata de una obra que, a través de abundantes materiales recogidos de primera mano y en un momento histórico crucial (por la acelerada pérdida de las tradiciones culturales populares que acarrean las modernas transformaciones socioeconómicas), nos ofrece una visión pormenorizada de la situación actual del dialecto aragonés en un enclave concreto del Pirineo prácticamente desatendido por la investigación lingüística hasta el momento. María Dolores Gordón Peral ★ R. Álvarez/ F. Dubert/ X. Sousa, Lingua e territorio, Santiago de Compostela (Instituto da Lingua Galega/ Consello da Cultura Galega) 2006, 527 p. A obra que presentamos contén os relatorios que foron lidos no simposio do mesmo nome, Lingua e territorio, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG), en colaboración co Consello da Cultura Galega, na Facultade de Filoloxía da USC, en novembro de 2004. O libro ábrese cunha dedicatoria a Constantino García (catedrático xubilado da Facultade de Filoloxía compostelá) dos seus colegas do ILG. Este profesor foi unha figura que tivo un papel singular no impulso e promoción dos estudos académicos do galego así coma na súa investigación. Deseguido aparece un limiar dos editores que adianta as investigacións publicadas e confirma que as variedades diatópicas galegas están organizadas en bloques verticais (occidental, central, oriental) seguindo os meridianos e en áreas horizontais na liña dos paralelos. Os lectores que aínda non tiveron ocasión de se achegar a esta publicación poderán atopar nela os seguintes contidos: i. A dificultade de establecer fronteiras para delimitar dominios dialectais, debido á densidade de áreas de transición que dilúen as diferenzas existentes. ii. A estrutura xenética da poboación galega: analoxías entre evolución lingüística e evolución xenética. iii. As sociedades pre e protohistóricas galaicas: distribución de útiles, arte, olería, escultura, vivendas . . . iv. A Galicia da alta idade media (anos 700 e 1100 da nosa era) a través das interrelacións entre o home e o espazo físico que habita. v. A Galicia dos séculos XVI a XIX: diferenzas locais e comarcais na organización familiar, sistemas de herdanza e alimentación, montes comunais, organización agraria, estruturas familiares e herdanzas. vi. A cultura popular galega nas súas crenzas e historias: unha variante con marcada personalidade da cultura tradicional europea. vii. A xeografía do eixe atlántico: un marco territorial administrativo no seo da Unión Europea. viii. As variables xeográficas e a variación lingüística, as diferenzas na fala en relación coas distincións xeomorfolóxicas, climáticas, sociolóxicas, etnográficas ou económicas. ix. A documentación lingüística prelatina na Gallaecia: inexistencia, só a Lusitania proporciona documentación directa para coñecermos linguas prelatinas ou de substrato. x. Difusión e expansión dos apelidos en Galicia, distribución areal, documentación histórica e número de ocorrencias. xi. Permanencia do léxico antigo no galego actual, concretado no caso da voz da botánica «queiroga»: hipóteses etimolóxicas e presenza na lexicografía, na toponimia e na onomástica. 361 Besprechungen - Comptes rendus xii. Relacións entre dialectoloxía e xeografía humana concretadas no estudo da conduta humana, das actividades do ser humano sobre a face da terra vinculadas a condicións sociais, económicas e políticas. xiii. A configuración do espazo e as características morfolóxicas do terreo como factor determinante de aparición dunha nova acepción dunha palabra: os casos de «fraga», «freita» e «lameiro». xiv. Áreas léxicas na nomenclatura da fauna marítima da costa galega entre Asturias e Portugal. xv. O tratamento dialectométrico dos datos do ALGa seguindo o procedemento deseñado por Hans Goebl para a aplicación do programa «VisualDialectometry» na explotación de datos de varios atlas lingüísticos. Vemos, pois, unha diversidade de relatorios que estudan múltiples aspectos conectados de xeito directo ou transversal coa dialectoloxía e coa xeografía lingüística ou xeolingüística, nomes estes últimos que, por certo, algúns discuten en favor do de lingüística xeográfica, talvez máis exacto. Os traballos constitúen unha proba do pulo que está a acadar dende hai varios anos a lingüística galega neste eido científico. É interesante observar as analoxías que se poden establecer entre a lingua e outras disciplinas heteroxéneas afíns como a historia ou a xeografía e menos afíns como a xenética, así coma o grao de complementariedade que chegan a adquirir na procura dun obxectivo común que é o de coñecer a diversidade de falas existentes nun país. Nesta liña, se cadra tamén encaixaba ben a contribución dalgún destacado psiquiatra e/ ou psicólogo para axudarnos a esclarecer en que medida o territorio conforma o noso «ánimo», «forma de ser» e ata que punto isto condiciona a lingua e as falas do país. Comprobamos que a meirande parte das contribucións son de carácter lexicográfico, algo que se debe, entre outras razóns, a que a lexicografía dialectal goza de moita tradición na romanística e por ende nos estudos de lingüística galega, mesmo na súa face diacrónica. A recollida de falas por todo o territorio e a conseguinte elaboración de repertorios léxicos dialectais foi unha das principais liñas de investigación en galego ata hai poucos anos. Doutra volta, a variación xeográfica no terreo do léxico resulta máis evidente, distintiva e doada de percibir. Pero aquí é onde botamos de menos novos ámbitos de pescuda coma o da sintaxe, unha disciplina que adoita marxinarse nos estudos ibéricos de corte dialectal. Unhas conclusións definitivas para o dominio lingüístico galego nunca se poderán acadar se non se suman e contrastan os datos fonéticos, morfolóxicos e léxicos con outros procedentes do ámbito da sintaxe. Sería bo coñecermos se existen fronteiras ou continuum no noso territorio neste eido e catalogar todas as variedades, mormente aquelas que poidan estar próximas a desaparecer. Tamén resultaría de interese que as investigacións se estendesen a máis territorios de fala galega ca ó estritamente administrativo de Galicia, e postos a ambicionar mesmo se podía pescudar en espazos lingüísticos doutros países nos que a emigración galega tivo e aínda ten unha presenza destacada (lingua e territorio na emigración). As investigacións publicadas son de grande rigor científico, pois non se trata de contribucións ad hoc senón de pescudas de especialistas que desenvolven, día a día dende hai anos, o seu labor científico neste eido. Alén disto, dan mostra do dinamismo e das inquedanzas que dende distintas frontes científicas existen arredor da lingua galega. Xosé Soto Andión ★ 362 Besprechungen - Comptes rendus