Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2009
681
Kristol De StefaniJuan Carlos Moreno Cabrera, El nacionalismo lingüístico, una ideología destructiva, Barcelona (ediciones Península) 2008, 223 p.
121
2009
Xosé Soto Andión
vox6810373
Juan Carlos Moreno Cabrera, El nacionalismo lingüístico, una ideología destructiva, Barcelona (ediciones Península) 2008, 223 p. Juan Carlos Moreno Cabrera é catedrático de lingüística xeral na Universidade Autónoma de Madrid. Este libro constitúe un interesante e entretido ensaio verbo dun tema de grande actualidade no Estado español, e tamén noutros europeos, como é o do nacionalismo de corte centralista asociado á lingua e asemade a cuestión da lingua como elemento de conflito entre comunidades de falantes. A obra, escrita por un autor nado en Madrid, presenta un carácter atrevido e polémico, algo que a converte na mellor carta de presentación para lectores ávidos de opinións que saen do convencional ou politicamente correcto. O seu deseño editorial consta dun prólogo e seis capítulos cuxos títulos refiren nomeadamente distintas temáticas a desenvolver agrupadas por pares: 1. Lengua y nación: aspectos sociales y lingüísticos, 2. Nacionalismo lingüístico y discriminación, 3. Nacionalismo lingüístico y colonialismo, 4. Nacionalismo lingüístico e imperialismo, 5. Lingüística y nacionalismo lingüístico, 6. Contra el nacionalismo lingüístico. O prólogo, escrito en terceira persoa, advirte ó lector acerca do posicionamento do autor e informa de que a obra pretende ser unha crítica do que el entende por ideoloxía do nacionalismo lingüístico, un posicionamento que aspira a poñer en discusión determinadas ideas, pero non persoas. Ó longo do libro atopamos diferentes cuestións de grande interese relacionadas cos conflitos asociados ás linguas minoritarias ou minorizadas, preferentemente aquelas que están en contacto directo con linguas de Estado que posúen un amplo número de falantes. Deseguido imos ver, de xeito reflexivo, unha síntese das principais cuestións que aborda Moreno Cabrera neste excelente traballo. É certo que dende ideoloxías centralistas ou de nacionalismo de Estado se tenta botar man do darwinismo social para xustificar o sometemento, asoballamento, imposición e aniquilamento de moitas linguas, que ó non seren (din eles) linguas do progreso e da ciencia tenderán de seu á desaparición ou minorización. Esta idea xa non é nova, busca poñer en paralelo o desenvolvemento das linguas coa evolución natural das especies (as linguas son coma seres vivos que nacen, crecen e morren) para así xustificar a extinción de calquera idioma que non sexa o que se está a impoñer. Estas propostas esquecen que se pode facer ciencia dende calquera lingua e que hoxe en día só o inglés actúa como lingua franca para a ciencia. Dende as posicións do nacionalismo lingüístico existe unha lingua nacional, chamada común e de unión, que é elevada a entidade superior fronte ás restantes que posuirán un carácter local, marxinal e secundario. Deste xeito lexitiman a posición da lingua dominante mediante causas extralingüísticas, para obxectivar e desideoloxizar o discurso nacionalista centralista. É algo que vemos en países como, entre outros, España e Francia. O nacionalismo lingüístico oculta os aspectos sociais, políticos e económicos da evolución lingüística para presentalos como procesos que se desenvolveron de seu e de modo natural. Deste xeito, imponse unha variedade asociada a algún centro de poder, cunha planificación lingüística orientada a tal fin; por exemplo, o chamado español foi asociado co dialecto castelán e acabou impoñéndose mercé a que o poder político, xurídico e económico determinou que en España a variante estándar fose a castelá e non a galego-portuguesa, astur-leonesa ou navarro-aragonesa. Así pois, sostén o autor que o crecemento progresivo do prestixio do castelán, e doutras linguas europeas, ten unha explicación política, militar, demográfica e económica, non foi un proceso natural. Co paso do tempo, esta variedade lingüística privilexiada acaba por se cualificar como superior intrinsecamente e como representante da unidade nacional. Isto explica tamén que a denominación pase de castelán a español, para levar a superioridade militar e política ao terreo lingüístico e para 373 Besprechungen - Comptes rendus marcar como única lingua considerada española a variante de Castela (nacionalismo excluínte). Se aplicamos este acertado pensamento de Moreno Cabrera a certos modelos coma o gravitacional de Calvet, comprobaremos que o falante non necesariamente escolle en liberdade, dado que xa ten a escolla condicionada por un proceso de décadas, ou mesmo séculos, de imposición e inmersión lingüística que lle creou preconceptos e autoodios dificilmente superables. Lembremos que segundo esta teoría lingüística existe unha hiperlingua ou lingua hipercentral que é o inglés, arredor da que gravitan as linguas supercentrais, tamén chamadas de Estado ou imperiais (castelán, francés. . .), e arredor delas gravitan linguas históricas ou centrais, que pola súa vez teñen preto de si as linguas denominadas periféricas. Deste modo, as linguas manterán entre si unha relación de forza, pola que os falantes tenderán a se mover nunha dirección en sentido centrípeto que os arrastra cara a aquelas de maior magnitude e peso gravitacional, de tal maneira que o falante dunha lingua central ou histórica optará por aprender unha supercentral, ou hipercentral coma o inglés, e non á inversa. Xa que logo, o falante verase arrastrado por aquelas linguas que se converteron en modelo a seguir, pero non pola súa superioridade intrínseca senón polas circunstancias políticas, económicas e militares que fixeron delas tal modelo. Nos países conquistados e colonizados de América e doutros continentes déronse fenómenos similares ós acontecidos nas comunidades autónomas de diversos estados. Moitas linguas nativas desapareceron pola morte dos seus falantes ou polo exterminio cultural a que foron sometidas. Trátase dunha idea nacionalista imperialista que determina como naturalmente superior unha certa variedade, que ademais ha de acompañar as fazañas do imperio. No caso de España, e tamén doutras nacións europeas, o autor fai súas as palabras de De Miguel Aparicio: «en los últimos tiempos se ha puesto relativamente de moda una defensa del español que implica, tal y como se formula, un maltrato hacia las lenguas con las que convive . . . » (194). Por iso as comunidades autónomas do Estado español, para defenderen a supervivencia das súas linguas e culturas, teñen que facer fronte decontino ós excesos nacionalista-centralistas dos representantes dalgunhas ideoloxías políticas que acadan o poder. É habitual escoitar que as comunidades autónomas teñen que ser bilingües, pero o que se produce é un bilingüismo asimétrico, un monolingüismo restritivo (fóra desas comunidades dentro do mesmo Estado, o falante non ten liberdade para escoller lingua, vénlle unha delas imposta). Moreno Cabrera conclúe afirmando que en España existen dous tipos de nacionalismo: un de corte imperial-centralista e outro de tipo periférico-resistente. Así é, os partidarios do primeiro destes nacionalismos amosan posicionamentos hexemónicos e uniformadores, non queren facer compatible a existencia das linguas maioritarias coa pervivencia das minorizadas, non saben combinar o bilingüismo e multilingüismo dos individuos co plurilingüismo dos estados, imbricando os comportamentos individuais cos colectivos. En definitiva, á luz do pensamento deste autor nós defendemos o feito de saber nivelar a tendencia á homoxeneidade e uniformidade globais co dereito a sermos diferentes e a manter a propia identidade, a idea de saber construír un Estado plurilingüe en pé de igualdade sen destruír ou someter as culturas e linguas que o integran. Somos partidarios, como ten apuntado Josep Maria Nadal, de que os Estados «xestionen» adecuadamente a multiplicidade de culturas e de linguas asentadas nos seus territorios; cremos que o respecto ás diferenzas apréndese e é algo que nos une, por iso se consideramos que todas as linguas dun territorio coma España son linguas españolas, o Estado debería facilitar o seu coñecemento no conxunto das comunidades. A desprotección e o rexeitamento serán os que impulsen, motivado pola supervivencia, a idea de separatismo e secesión, por iso o que acabamos de 374 Besprechungen - Comptes rendus dicir o podemos poñer en relación cos comentarios que adoito lles escoitamos ós políticos en España cando defenden a idea de fomentar o «trilingüismo»; mais o que cumpriría facer sensu estricto sería potenciar o plurilingüismo do país e o multilingüismo das persoas. Xosé Soto Andión ★ Sandra Herling, Katalanisch und Kastilisch auf den Balearen, Heidelberg (Winter) 2008, 396 p. (Beiträge zur Literatur-, Sprach- und Medienwissenschaft 159) Die im Mai 2007 an der Universität Siegen angenommene Dissertation beschäftigt sich mit einer Fragestellung, die in der deutschsprachigen iberoromanischen Sprachwissenschaft gegenwärtig eine gewisse Beliebtheit zu besitzen scheint: dem (unter verschiedensten Blick winkeln betrachteten) Sprachkontakt zwischen dem Kastilischen und einer auf dem spanischen Staatsterritorium präsenten Regionalsprache. Nicht selten wird in diesem Zusammenhang eine Varietät des Katalanischen untersucht - so auch in der hier in Rede stehenden Arbeit, die sich für das Verhältnis beider Sprachen auf den Balearen interessiert. Dabei sollen die empirischen Studien der Autorin «nicht nur eine Bestandsaufnahme der Präsenz des Katalanischen und Kastilischen in den ausgewählten gesellschaftlichen Bereichen darstellen, sondern auch Aufschluss über die Motive der Sprachenwahl und die Einstellung gegenüber der Normalisierungspolitik geben» (14), wie im Einleitungskapitel Zielsetzung und Gliederung der Arbeit nachzulesen ist. Nach einem zehnseitigen Forschungsüberblick zur untersuchten Thematik (15-24), widmet sich die Autorin den historischen und sprachpolitischen Rahmenbedingungen der aktuellen soziolinguistischen Situation der Balearen (25-72), wendet sich danach dem Normalisierungsprozess im Untersuchungsgebiet mit seinen Hindernissen und aktuellen Tendenzen zu (73-221) und geht schließlich zur Untersuchung der Präsenz des Katalanischen und Kastilischen in ausgewählten gesellschaftlichen Bereichen über (222-379). Einem Fazit (380-83) folgen die Bibliographie der Arbeit (384-91) und ein Verzeichnis der konsultierten Internetseiten (391-94). Im Anhang befinden sich ein Diagrammverzeichnis (395) und ein Tabellenverzeichnis (396). Bereits der Umfang der Arbeit deutet auf eine sehr detailreiche Beschäftigung mit dem gewählten Untersuchungsgegenstand hin - ein Eindruck, der durch die Lektüre vollends bestätigt wird. Das dem Forschungsüberblick folgende erste Hauptkapitel leitet die Autorin mit ca. vierzigseitigen Betrachtungen zur externen Sprachgeschichte der Inseln ein, denen - getrennt nach Festlegungen der spanischen Verfassung und des Autonomiestatuts der Balearen - Ausführungen zu den sprachpolitischen Rahmenbedingungen im Untersuchungsgebiet folgen. Damit wird der gesetzliche Rahmen, vor dem jede Form von Sprachnormierung auf den Inseln stattzufinden hat, verdeutlicht. Dieser Normierungsprozess bildet den Gegenstand des zweiten Hauptkapitels. Nachdem beschrieben wurde, welche Sprachen und Varietäten auf den Balearen aufeinander treffen, folgt ein über zwanzigseitiger Exkurs, der phonetische, morphosyntaktische und lexikalische Eigenheiten der lokalen Dialekte herausarbeitet und diese mit dem Standardkatalanischen vergleicht. Folgerichtig beschäftigt sich die Autorin anschließend mit der Entwicklung und Definition des Konzeptes Normalisierung in der katalanischen Soziolinguistik, interessiert sich für die Inhalte und Ziele des sprachlichen Normalisierungsgesetzes im Untersuchungsgebiet und beleuchtet die Hindernisse des dortigen Normalisierungsprozesses. Sie geht dabei nicht nur auf den allgegenwärtigen Konflikt zwischen Regional- und Nationalsprache ein, sondern beschäftigt sich darüber hinaus mit der für die Fragestellung zentralen Kategorie des auto- 375 Besprechungen - Comptes rendus
