Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2010
691
Kristol De StefaniErnesto González Seoane/Antón Santamarina/Xavier Varela, A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas, Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega/ Instituto da Lingua Galega) 2008, 425 p.
121
2010
Xosé Soto Andión
vox6910379
notamment «le tome des entretiens enregistrés, transcrits et annotés» (21), qui compléterait de manière très avantageuse la présente publication. Ses «notes en bas de page donnant l’origine du terme, sa forme originale . . . et son sens en judéo-espagnol, parfois l’écart de sens entre langue prêteuse et judéo-espagnol» (21) pourront servir de base à l’établissement d’un glossaire 12 . Marc Kiwitt ★ Ernesto González Seoane/ Antón Santamarina/ Xavier Varela, A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas, Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega/ Instituto da Lingua Galega) 2008, 425 p. Se ben é certo que en linguas coma o galego poucos eidos lingüísticos acadaron un desenvolvemento pleno e abondo satisfactorio, tamén o é que a ciencia lexicográfica, nomeadamente a través das variantes diatópicas, foi un dos terreos que máis cultivadores tivo no último terzo do século XX. Máis dunha xeración de investigadores galegos foi seducida pola riqueza, variedade e singularidade das nosas verbas, polo que non é de estrañar que cada certo tempo agromen obras destas características que pretendan dar conta do que está feito e do que se quere seguir facendo. O presente volume ten un deseño editorial composto por un limiar e tres grandes bloques. No limiar os editores dan conta das dezanove achegas que constitúen a obra e comentan brevemente as principais cuestións que debulla cada unha delas. Os tres bloques temáticos en que se agrupan as contribucións son os seguintes: I. Historiografía e metodoloxía lexicográficas. II. Recursos e proxectos lexicográficos. III. A lexicografía académica. A distribución e o rótulo destes bloques puido obedecer aos traballos de que se dispoñía para este volume (a posteriori), ou determinarse sabendo que temas habían de se tratar (a priori) en función do seu interese para a lexicografía galega e para cubrir baleiros neste campo da investigación (por exemplo a confección dun dicionario histórico), ou finalmente establecerse conxugando outros criterios. Parece que había unha estrutura preconcibida e unha libre elección de tarefa por parte dos especialistas participantes. Imos ver de xeito comentado varios dos principais fíos que tecen estes bloques, algúns dos que para nós resultan máis sobranceiros e que, dunha ou doutra maneira, se len regularmente, con máis ou menos variantes, en moitos tratados de lexicografía actual. Comprobamos que no primeiro agrupamento foron incluídos traballos de especialistas de fóra do país galego que dan a coñecer ao público o seu labor cotián en macroproxectos dicionarísticos. Aluden ás dificultades coas que se foron atopando á hora de redactaren dicionarios, para que así novas empresas destas características poidan contar con coñecementos útiles que lles axuden a solventar problemas que ás veces xa veñen de vello. Estas experiencias resultan moi proveitosas, se ben botamos en falla a presenza de contribucións procedentes do ámbito anglosaxón e do francés, que empregan métodos e técnicas, posúen recursos e proxectos, sempre imitados e aínda non superados polas outras «escolas» de le- 379 Besprechungen - Comptes rendus 12 Ce dernier gagnerait à s’appuyer, mutatis mutandis, sur les réflexions de méthode menées en glossairistique galloromane: cf. par exemple J.-P. Chambon, «Lexicographie et philologie: réflexions sur les glossaires d’éditions de textes (français médiéval et préclassique, ancien occitan)», RLiR 70 (2006): 123-42, et A. Thibault, «Glossairistique et littérature francophone», RLiR 70 (2006): 143-80. xicografía europeas. Isto é algo aplicable ás tres partes que integran a obra. O feito de que aparezan contribucións do portugués e do italiano talvez nalgúns casos obedeza máis á facilidade de contactar con investigadores deste ámbito ca á singularidade dos estudos lexicográficos que se elaboran nestas linguas. A casuística de problemas que existe á hora de traballar con dicionarios, históricos ou modernos, é moi vasta. Amais dos relativos á coherencia e posta en común de criterios, resulta habitual tropezar coas dificultades técnicas derivadas do uso da informática. Na actualidade case non hai traballo de lingüística, sexa dicionario sexa gramática, que non se apoie nun grande corpus electrónico de datos. Almacenar mostras foi un dos primeiros usos que os lingüistas lles deron ás computadoras, para deseguido pasaren a utilizalas como ferramentas de manipulación deses mesmos datos previamente recompilados. Así que podemos afirmar que moitos lingüistas son case avezados informáticos; e cando non, válense de especialistas que desenvolven programas ad hoc nos seus proxectos. Outro asunto sinalado nalgunha das contribucións, e que xa constitúe un tópico, é o do «plaxio» entre dicionarios. Lendo algunhas páxinas desta obra (46s.) temos a evidencia de que este proceder sorprende a poucos. Verbo dos dicionarios de galego, boa parte dos que se exhiben no mercado están redactados tomando como base os precedentes, en ocasións mediante un proceso de acumulación de contidos e sen teren como fundamento un corpus. Alén diso danse casos en que a obra adoece de técnica lexicográfica rigorosa, como se pon de relevo no establecemento das acepcións e nas definicións. Un tema moi debatido nos últimos anos é o das relacións entre gramática e léxico (57). A pesar de existir numerosa literatura sobre desta cuestión, non por iso deixa de suscitar interese, así que calquera boa contribución é benvida, porque aquí nada está definitivamente resolto. Tradicionalmente o léxico adoitaba situarse fóra do ámbito da gramática, pero agora collen cada vez máis forza as teses que defenden a interrelación entre léxico e gramática fusionando ambas as dúas no dicionario. De aí que se volva máis sistemático atopar nos dicionarios referencias ás rexencias nominais e verbais, ao carácter pronominal e transitivo dos verbos, á pronuncia, á animación do suxeito etc., información toda ela de tipo morfolóxico, sintáctico, semántico, fonético . . . que hai anos estaba máis limitada ou quedaba reservada en maior medida para os tratados gramaticais. Fornecer este tipo de información, máis ou menos especializada, pensamos que enriquece o lexicón e non lle dificulta a consulta, como ás veces se argumenta, ao usuario común que só se interesa pola definición da palabra que procura. Outras cuestións coñecidas para o lector especializado son a do tratamento dos termos técnicos e dos neoloxismos, a da fraseoloxía e sobre todo a da definición e a da polisemia e homonimia concretadas a miúdo na complexidade de separar convenientemente as acepcións de cada lema. Concordamos con esa dificultade e engadimos que poucos dicionarios do noso país fan isto de xeito totalmente convincente. Definir con exactitude e separar adecuadamente as acepcións é un dos labores nos que cremos que mellor se demostra o grao de profesionalización dos redactores dun dicionario así como a mímese ou a orixinalidade en relación con obras precedentes. Un asunto sempre debatido por especialistas e profanos é o dos dicionarios das academias (255), pois na medida en que estas entidades reciben fondos públicos as esixencias dos usuarios poden ser maiores e á par máis críticas. No caso da galega, coméntase con certa regularidade a escasa produtividade no que se refire á elaboración deste tipo de obras así coma o reducido tamaño, referido ao número de entradas, que mostran os seus dicionarios. Neste sentido, en Galicia as editoriais privadas tentan suplir a falla de resposta rápida da academia publicando grande cantidade de repertorios léxicos orientados a todos os niveis de ensino. Con todo, cómpre dicir en defensa das academias que o feito de seren organismos públicos suxeitos a axudas económicas irregulares e a factores administrativos varios 380 Besprechungen - Comptes rendus pexa ou ralentiza o labor que desenvolven. Doutra banda, neste bloque non sobraba introducir, se cadra, algunha contribución destacable de carácter privado que lle ofrecese ao lector a nota de contraste canto a métodos, recursos e proxectos na elaboración de dicionarios. Malia que os problemas que atinxen á lexicografía son máis ca os expostos nesta obra, o libro inclúe contribucións de moita altura, faise de lectura recomendada e pode resultar de proveito a moitos estudantes e profesionais do ramo. Xosé Soto Andión ★ Annette Endruschat/ Jürgen Schmidt-Radefeldt, Einführung in die portugiesische Sprachwissenschaft, Tübingen (Gunter Narr) 2006, 291 p. (Narr Studienbücher) Eine aktuelle, breit angelegte Einführung in die portugiesische Linguistik war im deutschen Sprachraum schon lange ein Desiderat. Insofern stößt vorliegender Titel in eine wirkliche Lücke. Das Buch vermittelt in elf Kapiteln einen Überblick, der Fragestellungen der allgemeinen, romanischen und vorrangig portugiesischen Sprachwissenschaft anspricht: Verbreitung, Statistik, Typologie (13-24), Sprachgeschichte (25-52), Semiotik (53-70), Phonetik, Phonologie, Orthographie (71-94), Morphologie (95-111), Syntax (112-32), Lexikologie, Lexikographie (133-54), Semantik (155-75), Pragmatik (176-201), Soziolinguistik (202-30) sowie abschließend diatopische Varianten, Kreolisch (231-51). Die Hauptprobleme des Buches betreffen u. E. drei Ebenen: die Selektion der Inhalte, die Didaktik und vor allem die überreichen Detailmängel. Sonstige Defizite sind sekundär. Über die «unverzichtbaren» Themen eines solchen Werkes kann man geteilter Meinung sein und hier Kritik zu üben, ist sicher beliebig. Positiv ist zu werten, dass die Autoren offenkundig versucht haben, nicht nur «traditionelle», sondern auch «moderne» Tendenzen/ Methoden zu präsentieren. Inwiefern nur begrenzt oder in Teilen spezifisch auf das Pg. Bezug nehmende Kapitel wie 3. Semiotik (noch dazu mit teils recht speziellen Schwerpunkten in Theater- oder Werbesemiotik) oder 9. Pragmatik gerechtfertigt sind, mag man diskutieren. Bedauerlicher ist, dass relevante Inhalte bisweilen etwas knapp präsentiert werden. Das betrifft die Sprachgeschichte, wo man sich mehr Informationen wünschen könnte (z. B. ein Inventar des apg. Phonemsystems (37), cf. die Sprachgeschichte von Teyssier), oder die Dialektologie, wo ein synoptisches Resümee der unterschiedlichen Klassifikationen (Leite de Vasconcellos, Lindley Cintra etc.) mit Sprachdaten und Kartenmaterial nützlich gewesen wäre. Die Einführung soll zum Selbststudium geeignet sein, und hiermit ist ein didaktisches Grundproblem verbunden, das das gesamte Buch wie ein roter Faden durchzieht, nämlich die Verwendung von nicht, nur unzureichend oder erst deutlich später in anderen Zusammenhängen geklärten Termini, deren Kenntnis man beim anvisierten Lesepublikum kaum voraussetzen kann. Dies betrifft spezifische Termini der betreffenden Kapitel (z. B. (159) «taxonomische Polysemie», das nur durch das Beispiel homem ‘Mensch’ ‘Mann’ erschließbar ist, oder (162s.) «Idiomatizität») sowie durchgängig die in der Beschreibung verwandte Begrifflichkeit. Selektive Beispiele: (10) dia-integrativ (sic, sonst diaintegrativ), (14) Polyglossie, (25) Junggrammatiker, (26) diasystemisch, (28) Nexus, (38) Toponym, (43) Intransitivität, (55) Prozess der syllogistischen Induktion, (56) Distinktivität von Zeichen, (57) Onomatopoetikon, (57) Denotation, Konnotation, (58) behavioristische und interaktionistische Semiotik, (65) Kinesik, Proxemik, (65) poietisch, (68) Deiktika, (83) idiolektal, (103) Präverbium (wo, könnte sich der studentische Leser fragen, liegt der Unterschied zu dem (100) näherungsweise erläuterten Terminus Präfix? ) etc. etc. Dasselbe kann auch Materialien betreffen wie z. B. Karten (so enthält die aus der spanischen Sprachgeschichte von Lleal kopierte Karte der iberoromanischen Substratsprachen (28) ungeklärte Sprachbe- 381 Besprechungen - Comptes rendus
