eJournals Vox Romanica 70/1

Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2011
701 Kristol De Stefani

Javier Elvira, Evolución lingüística y cambio sintáctico, Bern (Peter Lang) 2009, 289 p.

121
2011
Xosé Soto  Andión
vox7010266
Besprechungen - Comptes rendus Philologie et linguistique générales - Allgemeine Philologie und Sprachwissenschaft Javier Elvira, Evolución lingüística y cambio sintáctico, Bern (Peter Lang) 2009, 289 p. Como nos indica o propio título, esta investigación conxuga dúas dimensións da lingüística: unha atinxe á orixe e desenvolvemento da lingua en canto particularidade biolóxica do ser humano e a outra fai referencia ás mudanzas producidas no eido da sintaxe dende unha vertente diacrónica, terreo no que a sintaxe histórica se caracterizaba, ata hai poucos anos, pola escasez de traballos de relevancia. Pero cremos que a obra é máis xenerosa do que reflicte o título, pois o autor dá conta en moitas ocasións non só dos cambios relativos á sintaxe senón tamén doutros que abranguen o léxico, a morfoloxía, a gramática do texto, a pragmática . . . A aqueles lectores que aínda non se achegaron a esta obra, cómpre facerlles saber que os contidos se agrupan en sete grandes bloques: 1. La aproximación biolingüística. Genes, adaptación y emergencia. 2. Historia lingüística y evolución. 3. Lingüística histórica y cambio gramatical. 4. Gramaticalización. 5. Lexicalización. 6. Final. 7. Referencias. Nos dous primeiros bloques, expóñense as diversas teorías (innatismo, empirismo . . .) que explican a adquisición da linguaxe polo ser humano, a orixe e evolución da linguaxe así como a motivación (icónica, económica, discursiva . . ., p. 71s.) e a variación lingüísticas, contrastando diferentes correntes teóricas e puntos de vista. Os contidos abordados nestes capítulos non resultan novidosos, pero sempre están de actualidade e espertan interese cada vez que unha investigación se achega a eles, porque non existe unha resposta ou verdade definitiva que convenza a todos os membros da comunidade científica, feito no que, en parte, radica o seu atractivo. Doutra banda, son contidos transversais, que provocan a curiosidade tanto de lingüistas coma de arqueólogos, biólogos, filósofos, antropólogos . . . Na nosa opinión sería desexable que o autor tratase algo máis en profundidade, nestes apartados, outro tema relacionado coa orixe e evolución da lingua como é o da diversidade lingüística e por ende diversidade e variación gramatical (aparecen certas referencias directas ou indirectas nas p. 82-87). Se se quixer poñéndoa mesmo en contacto coa biodiversidade. Existen posicionamentos que defenden que as linguas xurdiron e evolucionaron a medida que medraban as comunidades de individuos; desta maneira á par da evolución da linguaxe tería lugar a diversidade desa mesma linguaxe e da súa gramática, constituiría un sinal de identificación do ser humano en canto pertencente a un grupo diferente doutros grupos. Unha aproximación ao fenómeno dos cambios e variacións diatópicas podía ter tamén cabida aquí así coma certas achegas a cuestións relacionadas coa aparición do multilingüismo e por contraste do xurdimento das linguas francas e dos universais gramaticais (a algo se alude na p. 85), universais para os que con moita frecuencia se toman como base unhas poucas destas linguas francas facendo partícipes ás demais dunha serie de fenómenos que non sempre lles son aplicables de maneira absoluta. Os capítulos ou bloques 3, 4 e 5, centrados na gramática histórica son, ao noso modo de ver, os máis relevantes. Amosan a sintaxe histórica dende unha perspectiva diferente da que tradicionalmente coñecemos e están expostos de forma máis amena e moderna. Mágoa que o autor non cale con maior frecuencia nas solucións que ofrecen o resto de linguas peninsulares, ben por comparación ben por contraste. Apenas atopamos alusións aos dialectos nin a linguas coma o portugués e o galego, e poucas ao catalán. No entanto, isto non invalida o carácter integrador da obra e a altura das súas propostas e reflexións. Observamos que o autor fai fincapé nunha serie de conceptos de elevada transcendencia por seren motivo de reiteradas discusións entre os expertos, como son a oposición activo/ estativo en canto oposición básica da gramática e a importancia do seu carácter semántico. Tamén as nocións de (in)transitividade e a de construción son obxecto de atención (92s.). Parécenos que o binomino acción/ estado ou dinamismo/ estatividade é clave para seguir estudando a semántica da construción, porque a construción constitúese cada vez máis en eixe da sintaxe, e a sintaxe pola súa vez está vinculada coa semántica e co léxico, de tal xeito que a separación destas disciplinas obedece en certa medida a fins didácticos, de aproximación ao obxecto de estudo, e non á realidade dos feitos lingüísticos. Alén disto, debemos ter en conta, na nosa opinión, que o valor da construción se concreta nos chamados esquemas sintácticos e semánticos, que dan fe dos cambios e modificacións na devandita construción e na polisemia verbal. Canto ao tema da (in)transitividade (101s.) é sempre plausible poñer pé nun ámbito escorregadizo no que aínda hoxe os investigadores non se poñen de acordo. Debátese se a transitividade é un fenómeno do verbo, limitado ás clases de palabra, ou da construción; se considerar como intransitivas só as cláusulas monoargumentais e como transitivas todas as demais (biargumentais de complemento preposicional, circunstancial, etc.) tomando como base o significado etimolóxico da palabra transitivo ( transire, que vai máis alá de, é dicir, acción que vai máis alá do predicado e incide noutro participante). Isto significa que as reflexivas directas nunca serían transitivas porque a suposta acción non repercute noutro participante (María lávase). Outra postura consiste en caracterizar como transitivas unicamente as que presentan implementación ou complementación só directa co núcleo verbal, quedando como intransitivas as estruturas monoargumentais e as biargumentais de complementación non directa. Verbo disto, as definicións que establezamos para as funcións sintácticas e as probas que determinemos para a súa identificación resultarán de axuda e proxectarán luz sobre o problema. Tampouco debemos esquecer que tal cuestión non é estritamente sintáctica, polo que a semántica terá moito que dicir aquí. Finalmente pode estudarse se a (in)transitividade ha ter unha consideración ampla e transversal abranguendo, por exemplo, construcións pasivas e atributivas, e mais se este fenómeno responde a algo en exclusiva gradual, o que significaría que había desaparecer a oposición transitivo/ intransitivo en canto que ambas as nocións se sitúan nos extremos dunha mesma liña, non en liñas paralelas. Os papeis semánticos, os valores aspectuais, a noción de control, a orde de palabras . . . saen a relucir no ámbito da gramática histórica como poucas veces antes o fixeran, e serven de explicación a numerosos feitos gramaticais que foron acontecendo ao longo da historia das linguas romances. A respecto da orde, concretada sobre todo na posición do suxeito (120), as linguas sérvense dela como un recurso para marcaren relacións entre os elementos; manifesta implicacións na construción e nas variacións de significado. Pero na orde inflúe amais do carácter semántico do verbo, como sinala o autor, outros elementos que se poden analizar coma 267 Besprechungen - Comptes rendus o grao de axentividade, a voz (activa, media, pasiva), a definitude, a presenza de dativo e de se, o nivel de control, a entoación, os valores aspectuais, a modalidade, etc. Un tema moi debatido é o da(s) función(s) dativo e complemento indirecto. A tradición hispánica e/ ou románica adoita distinguir unha función complemento indirecto dunha función dativo, pero algunhas investigacións avogan por integralas nunha única función ou macrofunción dado que o complemento indirecto pode pronominalizarse en dativo e ter este como marcador redundante de función. Aquí tamén xorde o problema dos cruzamentos e confusións que se foron orixinando co tempo entre complemento indirecto e complemento preposicional, pois danse casos de construcións con presenza de dativo e pola súa vez rexencia preposicional e conmutación por pronome tónico (parécese a seu pai/ parécese a el/ paréceselle; se parece a su padre/ se parece a él/ se le parece). Os procesos de gramaticalización (153-14) ocupan un bo número de páxinas desta obra. Vese que foron moi diversos e produtivos ao longo da historia e teñen presenza en diversas áreas da gramática como a sintaxe, a semántica, o léxico, a fonética . . ., polo que orixinan casos abondos de recategorización e reanálise. En linguas coma o galego a gramaticalización acontecida coas perífrases serviu para suplir a falla de tempos compostos da conxugación verbal que posúen outras linguas próximas. Os fenómenos de lexicalización (215-38) son tamén obxecto de atención. Movémonos aquí no terreo das UF (unidades fraseolóxicas) en sentido amplo: locucións, fórmulas, refráns . . ., se ben o autor prefire deterse máis nas locucións pola predominancia do enfoque sintáctico. Así e todo, sen abandonar esta perspectiva, sería posible investigar máis a regularidade e produtividade dos procesos de formación das UF, no tocante á súa fixación sintáctica e aos esquemas sintácticos e semánticos a que foron dando lugar. Tamén sería interesante analizar as evolucións e cambios destas unidades dende o punto de vista das diferenzas diafásicas e diastráticas, así coma dende a perspectiva das súas propiedades de comunicabilidade (muda ou non a información e complicidade cultural entre emisor e receptor), connotacións (trátase das mesmas experiencias motivadas cuxa veracidade garante a comunidade lingüística? ), iconicidade (varía algo a imaxe visual e semántica? ) e poeticidade (mantéñense ou non idénticos efectos fonoestilísticos). O libro péchase cunha breve conclusión seguida dunha útil bibliografía da que poden botar man especialistas ávidos de máis coñecementos. Defendemos a idea de que a través da gramática/ sintaxe histórica se pode atopar explicación a moitos fenómenos lingüísticos da sincronía actual. Ademais é na sintaxe onde as linguas romances e outras próximas non romances acadan unha alta porcentaxe de coincidencias que facilita realizar toda sorte de traballos comparativos moi enriquecedores para destinatarios diversos. Despois de revisar este libro, a conclusión á que chegamos é que se trata dun traballo de moita valía, que gozamos coa súa lectura porque fai pensar, levanta interrogantes e suscita debates sobre múltiples temas gramaticais, sempre discutidos, nunca definitivamente resoltos, pero agora enriquecidos á luz da perspectiva histórica e comparativa. É por isto polo que estamos perante unha obra de alto rigor científico, sen descoidar a virtude da prosa amena. Javier Elvira escribiu un libro que cualificamos de moi recomendable, merecente de estar presente nas mellores bibliotecas. Xosé Soto Andión ★ 268 Besprechungen - Comptes rendus Anna Dutka-Ma Ń kowska/ Teresa Giermak-Zieli Ń ska (ed.), Des mots et du texte aux conceptions de la description linguistique. Warszawa (Wydawnictwa Uniwersytetu Warszawskiego) 2010, 482 p. Cette collection de 49 articles constitue une véritable coupe à travers la linguistique contemporaine. À travers la linguistique générale et descriptive s’entend, car seuls deux auteurs s’aventurent dans la diachronie: Philippe Caron tente de reconstituer la prononciation soutenue des infinitifs français en -er vers 1700 («Reconstruire les conditions d’un changement linguistique. Socio-linguistique et histoire de la langue», 45-56), et Eryk Stachurski, d’établir «un système verbal intégrant l’aspect» en français médiéval («De l’aspect en ancien français», 397-406). Même Anna Bochnakowa, diachronicienne bien connue, s’est réfugiée dans son autre spécialité qui est la lexicologie contrastive, en comparant la sémantique du français gris à celle du polonais szary (29-36). Pour le reste, le livre permet tout d’abord de nous rendre compte à quel point la linguistique a évolué durant les dernières décennies: le structuralisme hérité de Saussure ou la grammaire générative et transformationnelle de Chomsky n’y apparaissent guère, si ce n’est à titre historique 1 , comme objets de controverse 2 ou de manière sous-jacente 3 . Lorsque certain(e)s auteur(e)s 4 se réfèrent expressément à la tradition saussurienne, c’est pour la dépasser largement 5 . Par ailleurs, la diversité des contributions montre que nous ne sommes plus en présence d’une discipline unique, mais d’une multiplicité de courants et de spécialisations: analyse du discours, pragmatique, théorie de l’énonciation, sociolinguistique, psycholinguistique, sémiologie, narratologie, linguistique cognitive, linguistique informatique . . . Quant à la terminologie, elle s’est diversifiée non seulement entre les différents domaines, mais encore à l’intérieur d’une même spécialité: ainsi, pour ne citer qu’un exemple, Halina Grzmil-Tylutki signale, à propos de l’analyse du discours, «l’incompatibilité terminologique entre périodes, pays et domaines» («L’analyse du discours à la française - tendances majeures et proposition d’une typologie de discours», 189). Dans cet apparent chaos, on peut reconnaître tout de même quelques tendances fondamentales. La première, c’est le déplacement du centre de gravité du système sur le discours, et du discours sur ses participants. «Dans ce cadre, la langue en tant qu’inventaire des unités de langue conventionnelles . . . ferait partie des ressources linguistiques parmi lesquelles on compte également la mémoire, les connaissances générales, la faculté de résoudre les problèmes, la planification et la reconnaissance des contextes social, culturel, physique et linguistique»: cette phrase, extraite de l’un des articles (Katarzyna Kwapisz-Osadnik, «Entre la lingustique et la psychologie - quelques réflexions sur l’emploi du participe présent 269 Besprechungen - Comptes rendus 1 Notamment dans l’article de Jadwiga Linde-Usiekniewicz, cité ci-après. 2 Cf. par exemple Márton Náray-Szabó, «Verbes supports et contrastivité: Théorie et usage», p. 351-58. 3 Cf. Paulina Mazurkiewicz, dans «La terminologie française et polonaise du mariage: entre le presupposé existentiel et les moyens linguistiques d’expression du concept» (343): «La méthodologie appliquée . . . se fonde d’une part sur les relations paradigmatiques, d’autre part sur les relations syntagmatiques (l’analyse transformationnelle et distributionnelle de Harris 1990).» 4 La grande majorité de ceux/ celles qui ont contribué au volume (45 sur 52) sont des femmes. Si l’on savait depuis au moins deux décennies que les études de langues et littératures, spécialement en Pologne, étaient très fortement féminisées, l’arrivée massive des femmes dans la recherche est un fait suffisamment nouveau pour mériter d’être relevé. 5 Cf. Anne-Marie Houdebine-Gravaud, «D’une théorie linguistique: l’imaginaire linguistique à une sémiologie: l’imaginaire culturel», 222-29; Katarzyna Wo Ł owska, «Du microau macro-: la sémantique componentielle et l’interprétation des textes», 457-63).