Vox Romanica
vox
0042-899X
2941-0916
Francke Verlag Tübingen
Es handelt sich um einen Open-Access-Artikel, der unter den Bedingungen der Lizenz CC by 4.0 veröffentlicht wurde.http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/121
2012
711
Kristol De StefaniSimone Roggenbuck/Vicente Ballero, Introducción a la lingüística sincrónica, Tübingen (Narr) 2010, 300 p.
121
2012
Xosé Soto Andión
vox7110374
(22). A través de un estudio pormenorizado de una serie de términos clave (como caridad, limosna, interesse, ganancia, logro, mercader, etc.) y su evolución semántica, Carpi pone de relieve cómo la percepción cristiana de las actividades crediticias y del papel del mercader está experimentando una profunda transformación en la España del siglo XVI (22). La editora completa su introducción a la obra con una exposición de los criterios empleados en la transcripción y edición del texto (28-30), y con dos apéndices: el primero contiene una enumeración de las treinta y siete fuentes - obras de teólogos, canonistas y comentadores - identificadas en el Tractado de los préstamos (31-32), y el segundo un listado de noventa términos del lenguaje económico (acreedor, alcavala, alquilé, alquiler, assegurador, etc.) que se presentan en contextos que revelan con especial claridad los matices semánticos que expresan (33-39). La edición moderna del texto de Luis de Alcalá que nos ofrece E. Carpi en las páginas siguientes (43-130) es filológicamente impecable, y tiene el mérito de hacer universalmente accesible una obra en la que, por una parte, se manifiesta lingüísticamente el cambio de actitud, operado en la primera mitad del siglo XVI, en la moral cristiana hacia las actividades mercantiles, y, por otra parte, se delimitan semánticamente con precisión los términos clave de un lenguaje específico de enorme importancia, a cuyo desarrollo y consolidación ayudó notablemente; una obra, en definitiva, que contribuyó de forma decisiva a sentar las bases de un nuevo discurso económico en castellano. Stefan Ruhstaller ★ Simone Roggenbuck/ Vicente Ballero, Introducción a la lingüística sincrónica, Tübingen (Narr) 2010, 300 p. Estamos diante dun libro de carácter xeneralista destinado a estudantes, un feito que xustifica o título de «introducción», título convencional e mesmo clásico, que comprende unha panorámica das diferentes disciplinas, correntes e teorías lingüísticas actuais. O seu deseño editorial organízase en oito capítulos, precedidos dunha introdución e seguidos dun resumo, unha bibliografía, índice de ilustracións e índice de materias e autores. A introdución (15-22) formula preguntas sobre a lingua, a linguaxe, os obxectos así coma os métodos e modelos da lingüística. Trátase de reflexións básicas que introducen o lector no complexo mundo das linguas. Chámannos a atención diversas ideas: a) Os modelos e os métodos. A discusión aquí podía ser moi longa, talvez se simplifica demasiado, dada a multiplicidade de modelos que hoxe existen, tanto dentro do funcionalismo coma dentro do xenerativismo. b) A metalinguaxe. Afirman os autores que «en la lingüística se necesita una gran precisión terminológica» (20). Cómpre engadirmos que alén da precisión ten que existir unha fixación e delimitación de etiquetas, pois ás veces dentro dunha corrente os autores fan usos libres e confusos dos mesmos termos. O capítulo 1 (23-38) aborda a semiótica. A grande discusión está no espazo que se lle asigna á lingüística, quer dentro da semiótica quer como ciencia independente dela, aínda que conectada pola cuestión do signo lingüístico. A respecto da universal triloxía de Pierce, lembramos que xa ten sido discutida entre outros por Eco. Canto ás teorías da comunicación e da linguaxe, parécenos que están algo simplificadas de máis. O capítulo 2 (49-71) estuda a facultade da linguaxe e o sistema lingüístico. As primeiras páxinas son sobre todo un breve tratado de neurolingüística malia que o lector podía agardar ler cuestións que abordasen as diversas teorías da orixe da linguaxe, se ben é certo que hai referencias ás teorías sobre a condición innata ou adquirida da lingua, un feito que de- 374 Besprechungen - Comptes rendus riva na existencia máis ou menos firme de universais para as linguas. As teorías de Saussure e Hjelmslev, as relacións lingüísticas e o principio de articulación de Martinet son revisados sinteticamente para amosar unha rápida descrición do funcionamento do sistema lingüístico. Nos últimos anos algunhas destas teorías foron desenvolvidas e perfeccionadas en diferentes aspectos, por exemplo nas relacións lingüísticas xógase con máis clases ca coas xerais «paradigmáticas» e «sintagmáticas», nos principios de articulación algúns prefiren, no canto de primeira e segunda articulación, falar de «primeiro modo de articulación e segundo modo de articulación«, etc. O capítulo 3 (73-101) céntrase na fonética e na fonoloxía. Os varios tipos de fonéticas e os principais trazos fonéticos reciben atención aquí. Na páxina 91 os autores falan do seseo como algo típico do español americano, Illas canarias e Andalucia. Mágoa que non se establezan comparacións e contrastes con outras linguas hispánicas ou ibéricas, pois o seseo tamén é característico de linguas coma o galego. O mesmo cabe dicir doutros fenómenos coma o lleísmo, dalgúns fenómenos como a gheada, que son singulares desta lingua e dignos de seren comentados, así como das curvas de entoación, que tampouco son idénticas en todas as linguas hispánicas. Limitar os contidos do libro só ao español, na nosa opinión poda a obra de moita información relevante para lector, que lle suporía un grande enriquecemento. O capítulo 4 (103-19) ocúpase da morfoloxía. Resulta un labor imposible sintetizar os contidos que acumula esta disciplina en tan poucas páxinas. En primeiro lugar, calquera autor sempre se atopará aquí co problema de delimitar e definir a unidade palabra, en segundo lugar xorde tamén a cuestión das unidades fraseolóxicos, que poden estar a cabalo entre a morfoloxía, a sintaxe e a semántica ou constituír un eido de traballo e estudo lixeiramente diferenciado. Doutra banda, hai segmentacións que sempre poden discutirse, por exemplo segment-ación ou segmenta-ción. O capítulo 5 (121-81), sobre gramática e sintaxe, é o máis extenso. Os autores dan un grande repaso á gramática tradicional dende os seus inicios. Igual que acontecía coa palabra, podemos dicir que a oración é un termo de difícil definición e clasificación. Tamén a gramática e a sintaxe obedecen a unha tipoloxía diferenciada e admiten concepcións enfrontadas. Botamos de menos que á hora de falar das correntes actuais a obra se centre só na gramática de dependencias e na gramática xenerativa. Esta aparece tratada con máis minuciosidade, facéndose alusión ás súas principais correntes. Non así o funcionalismo, singularizado maiormente na obra de Tesnière, sen comentar ren da de Dik nin da de Halliday nin das diferentes pólas (cognitivismo, construcionismo . . .) que hoxe existen na corrente oposta ao xenerativismo. Aínda así, o capítulo resulta de proveitosa lectura para unha introdución ou repaso aos conceptos básicos da gramática moderna e tradicional. Alén disto, as lecturas adicionais pecan de pouca actualización. No capítulo 6 (183-210) atopamos contidos referidos a semántica. Recoñécense os dous cometidos desta disciplina, a semántica da palabra e a semántica da oración, pero a atención está posta sobre todo na primeira. Parécenos destacable a relación da semántica con outras disciplinas como a sintaxe, a morfoloxía, a fonoloxía, etc. Doutra banda, cómpre dicir que hoxe en día acada grande interese e desenvolvemento a semántica cognitiva e mais o que os autores denominan (208) «otros tipos de semántica», isto é, a semántica de marcos e as teorías dos esquemas semánticos e da súa influencia e relación coas construcións sintácticas. Algo de extraordinaria actualidade, mais talvez especializado en exceso para ser tratado por un manual básico de introdución á lingüística. O capítulo 7 (211-38) fala de pragmática. Algunhas das principais teorías da pragmática actual desfilan por aquí (a teoría dos actos de fala, da relevancia, da cortesía . . .); namentres que outras disciplinas como a teoría da argumentación ou a análise da conversa quedan á marxe. É un acerto que un libro de introdución á lingüística inclúa contidos de pragmática, 375 Besprechungen - Comptes rendus pois a pesar do carácter novidoso que se lle atribúe a esta disciplina, agora xa está tan recoñecida como a morfoloxía ou a sintaxe. O capítulo 8 (239-64) está dedicado á sociolingüística. O conflito e as variedades lingüísticas, o contacto de linguas, a diglosia, a problemática da diferenciación entre lingua e dialecto, etc. teñan cabida nestas páxinas. Neste capítulo si que os autores abordan algúns dos problemas das diversas linguas hispánicas, unha perspectiva de contraste que botamos en falla nos demais capítulos da obra. Verbo da cuestión lingua/ dialecto débese ter en conta que cando os criterios lingüísticos non clarifican totalmente o problema, a caracterización dunha fala como lingua ou dialecto pode obedecer a criterios políticos. Doutra banda, a realidade de que o galego sexa unha lingua propia e non un dialecto do portugués (248) xustifícase polo feito de que o portugués se formou a partir do galego, unha lingua que avanzou de norte a sur da península e que acabou por se diferenciar da lingua do norte ao ser constituír como tal portugués na medida en que Portugal estableceu o seu centro político administrativo e o seu estándar lingüístico no centro sur do país, en Lisboa. O libro péchase cunha sempre útil bibliografía, que comprende dende obras xa clásicas ata outras máis recentes, un índice de ilustracións e un práctico índice de materias e autores. Por último, debemos advertir de certos erros tipográficos e ortográficos que deben subsanarse nunha nova reimpresión ou nunha segunda edición. Citamos algún exemplo: Estas característicsa físicas se ubican por sobre los segmentos fonemáticos (101, línea 3); Pues ha menudo se basan en definiciones muy poco precisas (132, línea 29); La clasificación de las clases de palabra muestra, que no podemos decir . . . (139, línea 1, primer parágrafo); No conozco al médico de el que se se habla (144, línea 5). En conclusión, podemos dicir que lemos unha obra interesante e recomendable. É verdade que non presenta grandes novidades e orixinalidades científicas no tocante a investigación lingüística, pero si que se trata dun libro didacticamente útil, de lectura clara, rápida e amena, con bibliografía adicional que completa cada capítulo, resumos, moitas táboas e ilustrativos esquemas gráficos. Todo ben pensado para alumnos que se inician no estudo da lingüística e para docentes que precisen revisar ou recordar conceptos elementais algo esquecidos. De o destinatario da obra seren os alumnos estranxeiros, coidamos que unha perspectiva máis comparativa e contrastiva, mostrando as solucións doutras linguas, ibéricas ou hispánicas, enriquecería máis o labor realizado. Xosé Soto Andión ★ Mónica Castillo Lluch/ Lola Pons Rodríguez (ed.), Así se van las lenguas variando. Nuevas tendencias en la investigación del cambio lingüístico en español, Bern (Peter Lang) 2011, 435 p. (Fondo hispánico de lingüística y filología 5) Dieser Band bildet die Tagungsakten der Sektion 13 des 17. Deutschen Hispanistentags vom 18. bis 21. März 2009 in Tübingen, die von den beiden Herausgeberinnen geleitet wurde. Die 14 Beiträge (nebst der Einleitung der Herausgeberinnen) sind, wie im Titel angedeutet wird, dem Sprachwandel im Spanischen gewidmet. Der Sprachwandel wird von den Herausgeberinnen als wichtigstes Problem in der Diskussion über die Sprachgeschichte betrachtet. Er fasst alle Aspekte dieses Themas zusammen. Im Studium des Sprachwandels im Spanischen hat es in der jüngsten Vergangenheit zwei neue Tendenzen gegeben. Die Erste ist der technischen Entwicklung zu verdanken, nämlich den Fortschritten der Computer- 376 Besprechungen - Comptes rendus
